Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2008

EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.

O vindeiro sábado día 3 de Xaneiro teremos o acto de apertura da exposición "Os Tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás". A cita será as 18:00 h no Centro Cultural de O Picouto. Quedades convidados/as

BOAS FESTAS

E RECORDÁMOSVOS QUE SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES DE NADAL. O VINDEIRO SÁBADO TEREMOS O OBRADOIRO DE XOGOS BAILADOS AS 17:00 H NO LOCAL DE REBULIR, PARA TODOS OS PÚBLICOS.

EQUIPAMENTO NOVO PARA REBULIR

A Universidade de Santiago de Compostela mediante o seu programa de axuda a entidades socio-culturais ven de conceder a nosa asociación un equipo informático. O equipo é reciclado dos que se usan en dita universidade. Así pouco a pouco imos incrementando o equipamento do noso local.

MOITAS GRAZAS

Grazas a todos/as vos ( Grupos convidados, asistentes, membros de Rebulir, pais e nais, Concello, axudantes... etc ) o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir foi un éxito. Por eso queremos agradecervos a vosa contribución a que todo saíse así de ben e que sigamos con ganas de seguir organizando actividades. Xa publicamos algunhas fotos deste festival, poderedes velas na parte de abaixo da páxina, non teñen moi boa calidade nin aparecen todos os grupos que actuaron, pero son as que de momento temos. Cando nos vaian enviado máis xa as publicaremos.

III FESTIVAL BEMT REBULIR

Recordade que o vindeiro Sábado día 20, teremos o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir. - Hora acceso público: 18:45 h (Acceso gratuíto) - Hora de comezo: 19.00 h - Lugar: Polideportivo de O Picouto (Ramirás) - Participantes: Rebulir (Ramirás), Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra), Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña), Etnográfico de Praia de Áncora ( V.Praia Áncora-Portugal) e Castro Floxo (Ourense) - Presenta: Xesús Álvarez - Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional - Patrocina: Concello de Ramirás. ESPERÁMOSVOS!

ACTIVIDADES DE NADAL EN REBULIR

Tras presentar a semana pasada o cartaz da III edición do Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , agora damos a coñecer as demais actividades que conformarán o programa de Nadal da nosa escola. - Sábado día 20 de Decembro. III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos: Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia), Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense) e Rebulir (Ramirás) . Terá comezo as 19:00 h. - Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir. - Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición "Os tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirá s ", no Centro Cultural do Picouto as 18:00 h. Esta exposición rematará o día 17 de Xaneiro.

V DIA DO ORGULLO GAITEIRO

Os amigos da AOFT Gomes Mouro enviannos un convite a participar no V día do Orgullo Gaiteiro, aquí vos deixamos o cartaz. Se queredes máis información sobre o programa podedes visitar a súa Páxina Web no seguinte enlace: AOFT Gomes Mouro

AVISO

AVISO Durante as dúas próximas semanas, suspenderanse as clases de percusión tradicional debido a ausencia do profesor Marcos Pérez Saburido. Desculpade.

FACENDO RECONTO...

Ata Nadal non teremos máis actuacións, (ou eso esta previsto), polo momento imos facer reconto das actuacións realizadas este ano que xa vai rematando ... - Festival do II Serán de Maceda (Febreiro 2008) - II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Marzo 2008) - Romería Raigame en Vilanova dos Infantes (Maio 2008) - Actuación Fin do Curso (Xuño 2008) - Actuación na Festa da Noite de San Xoán en Ourense (Xuño 2008) - Festival Galaico-Portugués de Praia de Ancora en Portugal. (Xullo 2008) - Pasarruas na Feira de Vilavidal (Xullo 2008) - Festas de Casardeita (Xullo 2008) - Festa do Pemento de Arnoia (Agosto 2008) - Intercambio cultural Galaico-Portugués en Ourense (Setembro 2008) - Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro en Portugal (Setembro 2008) - I Encontro Intercultural de Celanova (Novembro 2008) - III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir (Decembro 2008) Como vedes é unha lista moi ampla, e o que virá esperemos que sexa inda mellor.

Rebulir no I Encontro Intercultural de Celanova

A Mancomunidade de Terras de Celanova ven de convidar o Grupo Rebulir a actuar no I Encontro Intercultural, que se celebrará en Celanova o vindeiro Sábado día 8 de Novembro. Para esta actuación desprazarémonos ata o lugar un pequeno grupo de gaiteiros. A nosa actuación desenvolverase a partir das 19:00h , onde intentaremos animar a que os presentes se marquen uns bailes. Podedes ampliar a nova coa publicada no diario La Región, pinchando aquí.

MAGOSTO REBULIR

O Vindeiro Sábado día 8 en Rebulir tamén organizamos o Magosto. Por iniciativa do grupo de Maiores da Escola, argallamos unha festiña que como ben manda a tradición contará con fogata para asar a carne e mais as castañas, queimada, música tradicional e por suposto moita moita troula. Comezaremos as 22:00 h prendendo a Fogata e a partir de aí e ata que o corpo aguante seguiremos coa festa.

PECHADA A MATRICULA

Unha vez pechada a matrícula e facendo reconto de alumnos, superamos as 60 incripcións, todo un record. Asi que teremos que traballar duro con estas novas xeneracións para que cheguen a ser bos/as bailadores e músicos. Aproveitamos para informarvos que o vindeiro Sábado día 1 como é dia festivo non se impartirán clases na escola, polo que ata o día 8 non teremos ensaios.

PECHA PRAZO DE MATRÍCULA

Recordade que este Sábado pecha o prazo de matrícula da EBMT Rebulir para este curso 2008/09. A día de hoxe están matriculadas máis de 50 rapaces/as, co cal aumentamos considerablemente o número do curso anterior. As disciplinas impartidas son as seguintes: Baile Tradicional, Canto tradicional e pandeireta, Percusión e Gaita, e dun xeito transversal que se fai presente en todas as clases Etnografía Galega (Traxe, Danzas, Oficios, Xogos ...). Para matricularse, basta con cubrir a Ficha que se facilita na escola, ou ben mandar por correo electrónico a rebulir@hotmail.com , os datos básicos do rapaz/a que se inscriba (nome, apelidos, teléfono, enderezo, enderezo electrónico, Data de nacemento... etc)

GRUPOS DO III FESTIVAL REBULIR

Xa temos confirmados os grupos que participarán no III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que como ben sabedes desenvolverase o día 20 de Nadal, no polideportivo de O Picouto. Este ano quixemos achegar ata Ramirás grupos de toda Galicia así como do pais Veciño, conformando un amplo cartaz que quedará do seguinte xeito: - E.B.M.T. Rebulir (Ramirás) - Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña) - Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra) - Etnográfico de Vila Praia de Áncora (Portugal) - Castro Floxo (Ourense) En canto vaiamos tendo mais información xa iremos subídoa para que estedes ben informados/as de todas as actividades que se vaian organizando para vindeiras datas.

REPORTAXE DE REBULIR

Como sabedes esta fin de semana publicouse no Suplemento Vida do Periódico La Región, unha reportaxe sobre o acto de Comezo de Curso e da Entrega de Premios do I Concurso de Fotografía Antiga.

3º CONCURSO BLOGS 20minutos

O noso blog aspira o premio na sección de blogs de cultura do 3ª edición dos premios 20 Blogs que convoca 20minutos.es. A partir do Domingo que ven poderedes votarnos na seguinte páxina http://www.20minutos.es/premios_20_blogs/ .

O CALENDARIO DE ACTIVIDADES...

Para que vaiades tomando nota, xa temos algunhas datas das actividades que desenvolveremos durante este curso 2008/09. Poden sufrir por suposto algunha modificación De tal xeito que quedarán do seguinte xeito: * III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir - Sábado 20 de Decembro de 2008, no Pabellón polideportivo de O Picouto, contaremos con grupos de A Coruña, Pontevedra, Ourense e Portugal. * Exposición de Fotografías Antigas do Concello de Ramirás e Comarca - Desde o 3 o 24 de Xaneiro de 2009, no Centro Multiusos de O Picouto. * III Noite de Fiadeiro - Sábado 25 de Abril de 2009, na Praza de San Andrés con actividades durante toda a xornada. * Xornada de Peche do curso 2008/09 - Sábado 27 de Xuño de 2009, no Centro Multiusos de O Picouto. * Durante o resto do ano xa sabedes que iremos organizando outro tipo de actividades como: Cursos, charlas, obradoiros, saídas, actuacións ... etc. Esperamos a vosa colaboración neste amplo programa porque senón non seria posible desenvo

HORARIO CURSO 2008-09

Aproveitamos para comentarvos que xa están subidas as fotos da viaxe o festival de Cacia-Aveiro e tamén as do acto de entrega de premios do I Concurso de Fotografía Antiga, así como o acto de apertura do curso.

PRESENTACIÓN DO CURSO E ENTREGA DE PREMIOS

Como vedes no Cartaz, o vindeiro sábado teremos o Acto de Apertura do Curso 2008/09, onde daremos toda a información sobre os horarios, profesores, grupos, actividades a desenvolver ( festival, noite de fiadeiro, obradoiros... etc , con algunhas novidades respecto o curso anterior. As clases regulares comezarán na primeira fin de semana de Outubro, todos os Sábados en horario de tarde. Ademais desto celebraremos previamente o acto de entrega de premios do I Concurso de Fotografía Antiga, os resultados atópanse na anterior nova. Esperamosvos a todas/os.

RESULTADOS I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA.

O xurado do “Iº Concurso de Fotografía Antiga convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido no Concello de Ramirás, o 16 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios: * Premios á mellor colección: 1º Premio : á colección presentada por Uxía Vázquez Rodríguez , de Escudeiro, Ramirás. 2º Premio : á colección presentada por Rosa Fernández Pérez , de O Picouto, Ramirás. 3º Premio : á colección presentada por Sandra González Sousa , de Penosiños, Ramirás. * Premio especial á mellor fotografía: -Para a fotografía número 1 da colección presentada por Susana Durán González , de Celanova, cuxo autor é Rizo, datada no 1954 e tomada en Vilanova dos Infantes. * Premio especial á fotografía máis antiga: -Para a fotografía da colección de Estrella Suárez , de Ramirás, feita ao redor do ano 1910. Así mesmo, o xurado decidiu premiar

DESTINO CACIA-AVEIRO

Xa chegou a semana na que nos imos o grupo de gaiteiros e mais o grupo de medianos de Rebulir cara o festival internacional de Cacia-Aveiro. Como sabedes o sábado sairemos as 9 da mañá con destino o pobo de Cacia-Aveiro onde nos recibirá o grupo local para ter unha comida conxunta con eles, e pasar o día de roteiro, e chegada a noite actuar no Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro con outros 3 grupos. Faremos noite alí para o día seguinte actuar na cidade de Aveiro en horario de mañá, onde comeremos co grupo local para despois realizar o noso regreso cara Ramirás. ( A imaxe que aparece arriba é a do cartaz do festival ) Aproveitamos esta actualización para comentar que en breves días será publicada a relación de premiados do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA nesta mesma web, así que permanecede atentos/as a mesma.

ACTUACIÓN SORPRESA

Rebulir foi convidado esta semana pola Concelleria de Cultura do Concello de Ourense a participar nun encontro de intercambio cultural galaico-portugués no barrio de Barrocás da cidade das Burgas. A nosa encomenda será animar a festa cos nosos gaiteiros e intentar sacar a bailar a xente para armar un pouco de troula. Así que o vindeiro sábado, as 16:00 h estades todos convidados a participar na festa en Ourense, alí estaremos rebulindo coma sempre.

CHEGAN NOVAS FOTOS

Actualizamos desta vez con algunhas fotos das seguintes actuacións: - Festas de Casardeita en Ramirás - Festa do Pemento de Arnoia - Festival Galaico-Portugués de Vila Praia de Áncora ( Portugal ) Faltan fotos dalgunhas actuacións, unhas que non se sacaron e outras que inda están por vir como a do vindeiro lúns dos gaiteiros en Ramirás e o 20 e 21 de Setembro no festival internacional xuvenil de Cacia-Aveiro. As novas fotografías atópanse na parte de abaixo da páxina, podedes velas como unha presentación ou pinchando nas mesmas.

A REBUTENDA

Aqui están as camisolas oficiais de Rebulir, que a partir desta fin de semana se venderán no local da escola. Son camisolas de boa marca ( Fruit of the Loom ) e boa calidade. O deseño é o que tedes na parte de abaixo, estando impresas tanto pola parte dianteira como pola traseira. Tamén chegarán en breve os Rebuchaveiros, dos cales podedes ver tamén o seu deseño a continuación. - O prezo das camisolas é de 7 Euros , dipoñemos das tallas ( S, M, L e XL ) - O prezo dos rebuchaveiros é de 1,20 Euros

DE CARA O FESTIVAL DE CACIA-AVEIRO

Xa comezamos a traballar de novo en rebulir, de cara a prepararnos para a nosa participación no vindeiro Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro. Este festival desenvolverase os vindeiros días 20 e 21 de Setembro na Vila de Cacia-Aveiro ( Portugal ) e organízao a Escola de Etnografía da casa do povo de Cacia. Atá ali desprazaremosnos o grupo de gaiteiros e o grupo de baile dos medianos da nosa escola, acompañados polos mestres e algúns pais. Fotografía da escola do grupo organizador.

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

- RECORDADE QUE ESTA SEMANA REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN A CONCURSO - PODENSE ENTREGAR AS FOTOGRAFÍAS EN SOBRE PECHADO NA CASA DO CONCELLO DE RAMIRÁS A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “Iº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES : 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítr

XXV XORNADAS DE FOLCLORE - ANO 2008

Hoxe foron presentadas a XXV edición das xornadas de folclore que comezarán o vindeiro luns día 11 coa gala de apertura no Teatro Principal de Ourense, onde tras o acto de bandeiras, o grupo Castro Floxo daralle a benvida os grupos cun pequeno espectáculo. A partir desta data percorrerán 16 Concellos Ourensáns xunto con Monforte de Lemos e Chaves para dar peche o día 21 de Agosto. Este ano e con motivo do aniversario, virán moitos dos mellores grupos que pasaron desde o ano 1984 cando comezaron a súa andaina. Os grupos convidados son os seguintes : - Benín - "Ases do Benim Kanlin te te man du" - Bolivia - "Ballet Tradiciones Bolivianas" - Chile - "Ballet Folclorico de Chile" - Cuba - "Ballet Maraguán" - Rep. de Kalmikia - "Grupo Djangar" - Rep. de Komi - "Grupo Assia Kya" - México - "Compañía de Danza Folclórica Tenochtitlan" - Portugal - "Grupo Etnográfico de Areosa" - Serbia - "Ballet Simyonov"

REBULIR NA FESTA DO PEMENTO

Tras as pasadas actuacións en Portugal e no Concello de Ramirás, a seguinte cita onde nos podedes atopar será no Concello de Arnoia, onde actuaremos o día 1 de Agosto na festa do Pemento, declarada de interese turístico.

ACTUACIÓNS REBULIR PREVISTAS

* 21 de Xuño - Actuación Fin de Curso - Vilavidal * 23 de Xuño - Actuación na Noite de San Xoan ( Barrio do Couto - Ourense ) * 11 de Xullo - Actuación Festival Galaico-Portugués de Praia de Ancora ( Portugal ) * 17 de Xullo - Actuación de Pasarruas na Feira de Vilavidal ( Só Gaiteiros )( Ramirás ) * Xullo - Romeria das Mulleres Rurais ( Só Gaiteros )- A Pontenova * 25 de Xullo - Misa e Sesión Vermout ( Só Gaiteiros ) - Casardeita ( Ramirás ) * 1 de Agosto - Festa do Pemento de Arnoia ( Só Gaiteiros ) - Concello de Arnoia * 20 e 21 de Setembro - Festival Internacional Xuvenil de Aveiro ( Portugal ) * 27 de Setembro - Festival de Baile Tradicional do Concello de Paderne de Allariz * 20 de Decembro - Festival de Nadal - O Picouto Non é descartable que aparezan máis actuacións.

CASTRO FLOXO EN POLONIA

Os profesores de Baile e Canto Tradicional de Rebulir ausentaranse até finais de mes porque se van de xira co grupo Castro Floxo a Polonia, onde farán varios festivais. Polo que se darán unha pequenas vacacións os grupos de Baile de Rebulir, cousa que non lle pasa os gaiteiros que seguiran mantendo actuacións durante o mes de Xullo. Unha vez que volten da Xira comezarán os ensaios para preparar o Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro onde participaremos no mes de Setembro.

DETALLES ACTUACIÓN EN ÁNCORA

Como sabedes o vindeiro Venres a nosa escola desprazaremonos até o pais veciño a actuar na Vila de Praia de Ancora. O programa do día será aproximadamente o seguinte ( pola hora galega ) : 17.00 h – Xuntámonos todos en San Andrés para un ensaio previo. 18:00 h – Saida do Autobús de San Andrés 20:30 h – Chegada a Vila de Praia de Áncora ( Portugal ) 21:00 h – Cea cos demais grupos 22:15 h – Pasarrúas ( 100 metros ) 23:00 h – Festival Galaico-Portugués Vila Praia de Ancora ( O noso grupo actúa de segundo ). Actuamos na Praza da República da Vila ( A que vedes arriba ), dentro do programa da X feira do libro . 1. Muiñeira da Roda 2. Xota Nova 3. O Galo cando canta é día 4. Danza Procesional de Seara Cintas

ACTUAMOS EN PRAIA DE ANCORA ( Portugal )

O Vindeiro día 11 de Xullo fumos convidados polo Etnográfico de Vila de Praia de Áncora a actuar como representación galega no festival Internacional que organizan. Nós asistiremos encantados, e ata alá nos desprazaremos o grupo de gaiteiros, o grupo de adultos e o grupo de medianos de rebulir, superando as 30 persoas no escenario. O festival será as 22:00 h ( Hora portuguesa ) e actuaremos en 2º lugar, tras o grupo local. O autobús sairá as 18:00 h da Praza de San Andrés e a nosa chegada está prevista as 20:30 h. Tras a nosa chegada teremos a recepción oficial e cea, para logo facer un pasarrúas e a actuación. Grazas o Etnográfico de Vila Praia de Áncora polo seu convite.

AVALIANDO O CURSO 2007/08

Tras a xornada do fin do curso do pasado sábado na que tan ben o pasaron os nenos e os maiores, damos peche a este curso 2007/08 cunha avalación xeral moi positiva en canto actividades e participación destacando as seguintes : - Actividades docentes regulares ( baile tradicional, canto tradicional, gaita galega e percusión ) - Actuacións e saídas - Festival de Nadal - Curso de Iniciación o baile e música tradicional para adultos - Obradoiro do Traxe Galego - II Noite de Fiadeiro - I Concurso de Fotografía Antiga - Obradoiro de Instrumentos Vexetais - Comida de Membros e Amigos de Rebulir Non queremos deixar de nomear a: - Membros, desde os mais pequechos os mais maiores - Nais e Pais - Concello de Ramirás - Medios de Comunicación - Grupos colaboradores ( Airiños d´Arnoia, Grupo de Gaitas de Paderne de Allariz, Grupo de Danza Lembranza Solpor, Coanhadeira, Vichelocrego, Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, Os Chichisos, MaÇaeda da Limia, Pandereteiras Debanadoira, Grupo de danza os

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

Hoxe, luns, día 23/06/2008 Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo

EXITO DE ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Hoxe pechamos o prazo de Inscripción nas actividades de fin de curso todas co cupo cheo e con lista de espera. Ademais da repercusión que estan a ter nos diferentes medios ( Cadena ser, Periódico La Región , malmequer , gaiteiros galegos , Frouma , Diario Folk , Blog Rebordondo , Terra de Celanova , Mundourense.com , Ghastaspista , musicas da ulla , boletins youtube ... etc ) polo que a xornada promete exitosa. Finalmente o Concello de Ramirás faise cargo da comida, polo que non suporá ningún gasto para os asistentes. Sen máis agradecer a todos os que estades apoiando e colaborando na organización desta despedida do curso, esperemos que sexa se desenvolva ben. - PINCHA SOBRE A IMAXE DO CARTAZ PARA VER O PROGRAMA -

NORABOA MARCOS

O profesor de percusión de Rebulir, Marcos Pérez Saburido, ven de gañar o V certame de gaitas Manuel Villanueva, co grupo Tentenoaire. Marcos leva gañado neste ano acompañando o gaiteiro Pablo Devigo os primeiros premios do Concurso de Gaiteiros Solitas da Estrada e o Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo. Desde aquí tamén mandarlle ánimo nestes días que esta algo enfermo, recupérate pronto compañeiro. Unha aperta de tod@s @s rebuldeiros

ENSAIOS DE XUÑO

Boas , desta vez poñémonos en contacto con vos para dicirvos que neste mes de Xuño imos cambiar algo os horarios dos ensaios de Baile e Canto. Os horarios de Baile son os que tedes a continuación, os de Gaita e Percusión xa informarán os profesores dos cambios que se vaian producindo con antelación. Infórmovos que o día 21 de Xuño faremos a festa de fin de curso con algunhas actividades que tamén indicamos. • Sábado, 7 de Xuño. - Pequenos : De 15:30 a 16:00 h - Medianos : De 16:00 a 16:45 h - Maiores : De 16:45 a 17:30 h • Sábado, 14 de Xuño ( Pola mañá ) - Pequenos : De 10:30 a 11:00 h - Medianos: De 11:00 a 11:45 h - Maiores: De 11:45 a 12:30 h • Sábado 21 de Xuño ( XORNADA DE FIN DE CURSO ) - Maña : OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS VEXETAIS. Virán os membros do grupo Os Chichisos de Pontevedra e fabricaremos con diferentes elementos naturais instrumentos tradicionais. Para a asistencia ai que apuntarse porque solo poden participar 20 persoas e teñen que ser maiores de 10 anos por ter que

FOTOS DA ROMERIA RAIGAME

Boas Xente, xa publicamos algunhas das fotos que nos enviastes das actuacións e d troula da Romería Raigame de Vilanova dos Infantes. Podedes velas na parte de abaixo da páxina. Non vos teñen desperdicio. Unha aperta.

AGORA OS VIDEOS

Xa tiñamos as fotos e agora temos algún video da II Noite de Fiadeiro que están no Youtube. Deixamosvolos aquí debaixo. Grazas polos videos Gonzalo. Por certo quen teñades fotos ou videos da actuación da Romeria Raigame mandádeas por correo electrónico. Graciñas.

XA 4000 VISITAS

Como podedes ver no indicador de visitas acabamos de superar as 4000. Moitas Grazas os que por aquí vos pasades para consultar as novas de Rebulir e acontecementos achegados. Seguiremos publicando para que estedes informados/as da nosa andaina. Xa sabedes que agora andamos argallando un Concurso de Fotografía antiga, do que brevemente vos daremos máis datos. Xa que contamos presentalo neste mes de Maio. Se queredes participar non tedes máis que comezar a recoller esas fotos antigas que todos temos por casa e ir bosquexando datos das mesmas. Seguide atentos/as a esta páxina/blog.

NOVAS FOTOS DA II NOITE DE FIADEIRO

Publicamos novas fotos da Noite de Fiadeiro, son fotos que nos mandaron os amigos Nando do grupo Asubío de Vigo e máis Gonzalo e Patricia da AOFT Gomes Mouro ( Entre outras cousas ), moitas grazas. Tédelas no apartado de fotos o fondo da páxina, as fotos que nos enviou Nando levan antes do título FN e as que mandaron Gonzalo e Patricia levan G. para que se poda saber de quen é cada unha.

ROMERIA ETNOGRÁFICA RAIGAME

Un ano máis e como todos os 17 de Maio celébrase a Romaria Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes ( Concello de Celanova ). A vila volta anos atrás para tranformarse por un día nunha Romería con Títeres, Xogos, Animación de Rúas,Regueifas, Cantos de Cego, Oficios e postos artesáns e por suposto moito baile e música tradicional por todas as prazas e rúas. Nós faremos a nosa 1ª actuación as 11:30 da Maña na Praza de Tralacerca e a 2ª as 12:00 da Maña na Praza Maior. Compartiremos horario cos grupos do Colexio de Curros Enriquez ( Ourense ) e o grupo de baile do Concello de Paderne de Allariz. Despois das mesmas quedaremos pola vila todo o día para poder disfrutar da infinidade de actos. Para ter máis información sobre os actos podedes descargar o programa desta edición pinchando no enlace que aparece a continuación ou na páxina web da romería: - PROGRAMA RAIGAME 2008 - WWW.RAIGAME.ES

MOITAS GRAZAS A TOD@S !!!

Grazas a todos vos a II Noite de Fiadeiro foi un tremendo éxito. Grazas a xente de ... Ramirás, Celanova, Cartelle,Arnoia, Paderne, Ourense, Vigo, Soutomaior, Pazos de Borbén, Carballiño, Ribadavia, Lisboa.. etc. Superamos record de asistencia chegando nalgún momento da noite preto das 500 persoas na Praza de San Andrés. Queda demostrado no senso de que a pulpeira rematou o pulpo e o taberneiro rematou pan, viño, cervexa... Con este éxito agora toca comezar a pensar na III Noite e a seguir argallando actividades. Por certo tedes xa as fotos o final do blog podedes botarlle un ollo non teñen desperdicio.

CHEGOU O DÍA.!!!!

Tras meses de preparativos, organizacións, darlle voltas, chamadas ... etc Hoxe por fin xa é 26 de Abril. Estamos na xornada da II Noite de Fiadeiro. O tempo de momento parece que acompaña para a festa e as espectativas son boas. Temos contados máis de 100 músicos entre cantareiras, gaiteiros, acordeonistas, percusionistas... e outros que porán o seu gran para que se disfrute da noite. Esperamos vervos a tod@s na Praza de San Andrés a partir das 8.30 da tarde, hora na que a festa será anunciada con unha tirada de foguetes. E partir desde momento xa non teremos tregua até ben avanzada a noite. Aquí vos deixamos toda a información que vos pode ser necesaria.

RECTA FINAL CARA A NOITE DE FIADEIRO

Xa estamos nos días previos a II Noite de Fiadeiro, con case todo ultimado pechado. Desde aquí queremos dar grazas a todos os que vos estades interesando polo evento e estades difundindoo. A continuación deixo os enlaces a esas páxinas/blogs onde vos estades a publicar información do fiadeiro. Tamén e os que entrades procurando información sobre a festa, podedes procurala nesta páxina principal do blog, so tedes que mover o rato cara abaixo. Unha aperta e de novo moitas grazas a tod@s - Malmequer - Gaiteiros Galegos - Frouma - Mundourense.com - Grupo Asubio - Blog de Rebordondo - Grupo O Castelo - Xornal Galicia - Diario Folk - Ghastaspista - Terras de Celanova - Blog de Carolinaaldara - Youtube ( Canal Papigil ) - Radio Galega - Lume na Palleira - Cadena Ser - Radio Ourense - Radio Nacional de España - Ourense - TVG - Programa Luar - Vai de Baile - Periódico La Región - TVG - Programa Acompáñanos. Durante esta semana iremos publicando os medios nos que vaiamos saindo

PRESENTAMOS O PROGRAMA DA NOITE DE FIADEIRO

O obradoiro de iniciación o baile e música tadicional está aberto a todas as persoas que queiran participar, aprenderemos nocións moi básicas do baile e a música tradicional galegos para que na festa da noite se animen a bailar ou cantar.

PRESENTAMOS O CARTAZ DA II NOITE DE FIADEIRO

Este plano de situación é para vir desde Ourense. Para VIR DESDE VIGO recordámosvos que se pode coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal ( Ramirás ).Leva aproximadamente unha hora.

COMEZASE A SABER DA II NOITE DE FIADEIRO

A II Noite de Fiadeiro comeza a ser xa un feito, comezamos a sair en prensa e páxinas, comezamos a recibir correos pedindo información, a xente chama para preguntar... Nótase que entramos na recta final cara o 26 de Abril e de momento temos moitas espectativas en canto a asistencia. Poñemos unha nova enquisa para que valoredes que aspecto/os desta nova edición da Noite de Fiadeiro vos gustan máis. Durante o transcurso da vindeira semana presentaremos o Cartaz do evento, de momento deixamos os enlaces das páxinas onde comezan a interesarse por nós. - La Región - Frouma - Malmequer - Mundourense.com

A II NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

A un mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26. Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite. Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos: - Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense ) - AOFT Gomes Mouro ( Ourense ) - Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense ) - Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense ) - Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova ) - Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia ) - Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda ) - Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda ) - Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz - Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra ) Patrocinándonos O Con

REBULIR DE VACACIÓNS EN SEMANA SANTA

Como sabedes, agora na Semana Santa tomámonos unhas vacacións asi que non teremos ensaios. Solo o martes as 5:30 da tarde baile e de 6:30 en adiante gaita e percusións para recuperar o sábado perdido cos adultos. Os ensaios normais voltarán o día 29 con total normalidade. Pasádeo ben nestas vacacións que ben o merecedes.

FELICIDADES OS AMIGOS DE COANHADEIRA

O noso grupo amigo Coanhadeira ven de gañar o certame folk "Radio Obradoiro" en Santiago de Compostela. Neste grupo tocan 2 dos mestres de Rebulir, ademais de ter colaborado con nos en diferentes ocasións como a Noite de Fiadeiro. Desde aqui queremos darlle a nosa Noraboa porque eles realmente váleno, asi que en breve teremos o seu primeiro cd, que seguro que vai rachar. Se queredes saber algo mais deles deixamosvos os enlaces as súas páxinas. www.Coanhadeira.com My Space de Coanhadeira.

AVALIANDO O OBRADOIRO...

Onte desenvolvimos o Obradoiro do Traxe Galego que foi unha experiencia bastante bonita e que deixamos aberta a posibilidade de repetilo nun futuro. Asi que a avaliación positiva inda que non asistiran todos os alumnos debido a ser en día de semana, pero inda así estivo ben. Deixamosvos algunha foto dos preparativos previos, e os enlaces onde nos publicaron. Moitas Grazas a todos. - Periódico La Región - Malmequer - Gaiteiros Galegos - Frouma - Diario Folk - Xornal Galicia - Mundourense.com

OBRADOIRO DO TRAXE TRADICIONAL