A Asociación Rebulir organizará o vindeiro 18 de Xuño unha nova actividade que honrará a memoria dun gaiteiro que animou moitas festas da contorna de Ramirás e Comarca, Manuel "O Rella". Así tentaremos recuperar a esencia daqueles antigos bailes nos que a música de raíz era a raíña da verbena. Por iso, teremos como convidados/as a varios grupos de música tradicional que ambientarán o torreiro. PROGRAMA 2022 16:00 h. Obradoiro de Baile Tradicional Imparte: Alexandre Sotelino. Inscrición previa 18:30 h. Xogos Tradicionais c on CCP. Xaquín Lorenzo 19:00 h . Pasarrúas con Airiños de Caldelas 20:00 h . Festival de Escolas - Rebulir - A.C. Mestre Manuel Gacio (Boqueixón, A Coruña) 21:00 h. Cea (Venda de Racións) Porco ao EspetoᅵEmpanadaᅵDocesᅵViandasᅵBebidas 21:30 h. A VERBENA DO RELLA 21:30 h. Candaira 21:45 h. Carapaus 23:00 h. Airiños de Caldelas 23:15 h. Tanto nos Ten 1:00 h. Foliada Libre
A Asociación Cultural Rebulir abre un prazo extraordinario de matrícula durante o mes de Xaneiro. Deste xeito, preténdense cubrir prazas libres en aquelas actividades nas que ainda hai dispoñibilidade. Así, as persoas que queiran inscribirse agora terán a oportunidade de realizar un único pago de 30 Euros ata final de curso (Xullo), e poderán disfrutar de duas sesións de aula gratuítas neste primeiro mes. As actividades nas que se abren prazas son: - Acordeón = 5 prazas (Sábados pola tarde) - Gaita Tradicional = 3 prazas (Sábados pola mañá) - Iniciación ao baile tradicional para adultos = 6 prazas * (Martes pola tarde) - Iniciación ao baile tradicional para nenas/os = 4 prazas (Sábados pola tarde) - Canto e Pandeireta para nenas/os = 4 prazas (Sábados pola tarde) Asemade, as persoas que se beneficien desta proposta poderán acceder aos beneficios de ser socios/as da asociación, podendo participar de todas as actividades que se programan ao longo do curso. * Nota: A actividade de ini