Ir al contenido principal

ESPECTACULO OS OLLOS DE MISS MARGARET


VENDA DE ENTRADAS

- Espectáculo en OURENSE - SUSPENDIDO -

Para facer a túa RESERVA DE ENTRADAS para o noso vindeiro espectáculo no Teatro Principal da OURENSE segue os seguintes pasos:

1. Envianos un email a entradasmissmargaret@hotmail.com indicando: Nome e apelidos, email, número de entradas a reservar.
2. Contestaremosche indicando a dispoñibilidade de entradas e un número de conta bancaria para confirmar a túa reserva.
3. Recolle as túas entradas na Taquilla ao teu nome. 


TRAILER 1


VIDEO PROMOCIONAL


SINOPSE: 
"Os Ollos de Miss Margaret" é o primeiro espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín.  Sobre o escenario recréanse diferentes escenas  vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes durante todo o ciclo anual (Nadal, Entroido, Maios, San Xoán, Corpus, San Martiño...).


Esta obra foi levada por primeira vez aos escenarios o 27 de Abril de 2019 no Auditorio Ilduara de Celanova, e a partir de ahi levouse a Vilamarín, A Estrada, Programa Luar (TVG), Ourense... 





Comentarios