ALEXANDRE SOTELINO
(Director da Escola, Mestre de Baile Tradicional)
Formouse en diferentes grupos e escolas como foron: Foula (Ourense), Castro-Floxo (Ourense), AOFT-Gomes Mouro (Ourense), Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e A Ponte Vella (Teo). Asistiu a diferentes xornadas, obradoiros e xornadas con grandes referentes do eido da cultura tradicional. Foi profesor en diferentes escolas (Xirondiña, Paderne de Allariz, Laza, Ourense, USC...) e director dos Grupo Orcellón (2016-2019) e do Grupo Rebulir (De 2005 ata a actualidade). Colaborou en diferentes actuacións e concertos con grupos de música folk e tradicional como Treixadura, Leilia, Coral de Ruada, Xestreu, Coanhadeira, Fran Sieira CIA de Danza, Luar na Lubre... entre outros. Tamén é destacable o traballo de recolla e arquivo que leva feito (e continua facendo) ao longo da súa vida polas aldeas e lugares do país. Ten impartido numerosas aulas, obradoiros, cursos e monográficos de baile tradicional en diferentes entidades durante os últimos anos. Ademáis é Doutor en CC. da Educación, e ten publicado diferentes traballos que versan sobre tradición e educación.
JANDRO BARCIELA
(Mestre de Gaita e Percusión)
Jandro Barciela iniciase na gaita, da man de Manolo Solla,(alumno de Ricardo Portela e Enrique Otero) no grupo folclórico, “AS zoquiñas” no colexio público Carballal. Con nove anos iniciase en baile no mesmo grupo que era gaiteiro.
O longo dos anos ten varios mestres de renome como son: Pedro Fariñas , Xaquín Xesteira, Xosé Miguélez, Anxo Mariano e Javier Abad.
En 2010 comeza a sua andaina polos concursos de gaitas do país co cuarteto Virutas de Ëbano acadando diferentes premios: 2º premio Memorial Moxenas., 2ºpremio na 46º edición do concurso de cuartetos de Ponteareas, 1º premio na 7º edición do concurso de cuartetos de Luou, 1º premio na 25º edición do concurso de Xacarandaina, 2º premio no concurso de cuartetos de Ortigueira, 1º premio na 47º edición do concurso de cuartetos de Ponteareas, 2º premio na 8º edición do concurso de Luou, 1º premio na 26º edición do concurso de Xacarandaina, 3º premio na 48º edición do concurso de cuartetos de Ponteareas, 2º premio na 9º edición do concurso de Luou e 2º premio na 50º edición do concurso de cuartetos de Ponteareas.
Como gaiteiro solista presentase tamen a diversos concursos nos que acada os seguintes premios: 1º premio no concurso de xoves gaiteiros no Grove 2013, 2º premio no concurso de gaiteiros solistas de Ortigueira 2014 e 1º premio no concurso de gaiteiros do programa Luar no apartado de Vai de Gaita na tempada 2013/2014.
No ano 2013 é admitido na escola de artes e oficios de Vigo, (EMAO) na especialidade de gaita, no que e instruido na construcción de dito instrumento da man de Carlos Corral.
Na actualidade segue a sua actividade como gaiteiro, sendo membro do cuarteto Virutas de Ebano e participando na charanga, do programa Luar, Vai de baile. Tamén desenvolve a función de mestre de gaita en grupos coma son: O Carballo das Cen Polas de Reboreda, Grupo de gaitas Os fillos d’Pile, Grupo de gaitas Xacomín de Cepeda, Asociación de veciños San Miguel de Oia e Asociación Cultural O’Coto.

Titulada en Historia do Arte, con Máster en Xestión Cultural. Leva aprendido en diferentes escolas de Baile, como foron: o Grupo Sendra, A Escola de Baile de Ramirás, Banda de Gaitas de Ramirás e o colectivo Rebulir. Actualmente tamén desenvolve funcións directivas na Asociación Cult. Rebulir; onde é profesora de baile do grupo infantil.
Asemade, foi profesora de baile tradicional dos grupos Orcellón (O Carballiño), Solpor (Celanova) ou no Centro Recreativo de Ribadavia.
Leva impartido e organizado diferentes cursos e obradoiros arredor da cultura tradicional.

EVELYN ALVAREZ
(Canto e Pandeireta)
Graduada como Mestra de Educación Primaria lévase formado na Asociación Rebulir desde os 4 anos de idade. Deste xeito ten participado en numerosos eventos estatais e internacionais e colaborado con outros grupos e artistas.
Foi elexida para participar no proxecto Ruralizarte na sección de canto onde se formou en tècnica vocal e artes escénicas. Asemade, ten asistido a diferentes cursos e formacións sobre pandeireta, canto e baile tradicional con Felisa Segade, Montse Rivera, Xiana Lastra ou Fran Sieira
ALBA FARO
(Canto e Pandeireta)
Compoñente da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu, do grupo folk #Díese e do grupo de Pandereteiras da ACF O Fiadeiro de Vigo, colaborou recentemente con Nova Galega de Danza no seu último proxecto SON.
É diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía. Actualmente estuda último curso de itinerario avanzado na Escola Municipal de Música Tradicional e Folk E-trad de Vigo. Mestra de canto e pandeireta na Escola de Danza Vila de Baiona e no Centro de Animación Rural C.E.A.R. Castromao de Mondariz.
Establece o contacto coa música tradicional dende ben pequena aprendendo da súa avoa o que a animou comezar un traballo de investigación e recolleita pola zona de Mondariz ademáis de formarse de xeito complementario a través de diversos cursos de canto e percusión impatidos por Xisco Feijoo, Carlos Castro, Xabier Díaz e de técnica vocal por Xela Conde e Najla Shami.
ÁLVARO PÉREZ MARQUÉS
(Acordeón)

Fórmase como acordeonista no Conservatorio Profesional de Música de Ourense acadando o Título Profesional de Acordeón no ano 2012 e continúa os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña obtendo o Título Superior de Acordeón no 2017. Realizou cursos con distintos acordenistas como J. Mornet, Esteban Algora, Gorka Hermosa, Arantza Aguirre, Iñaki Alberdi, Victor Prieto... En 2014 foi seleccionado no Ciclo de Xóvenes Intérpretes de Vilalba (Lugo). Formouse tamén na Escola Provincial de Danza de Ourense chegando a formar parte do grupo Castro Floxo de Ourense. Actualmente é membro do grupo oficial de Rebulir desde o 2013. Ademáis leva colaborado con diferentes grupos de música folk e tradicional como son Xestreu, os Estoupapozas ou Os Daniñas.
Comentarios
Publicar un comentario