Ir al contenido principal

CHEGOU O DÍA.!!!!

Tras meses de preparativos, organizacións, darlle voltas, chamadas ... etc Hoxe por fin xa é 26 de Abril. Estamos na xornada da II Noite de Fiadeiro. O tempo de momento parece que acompaña para a festa e as espectativas son boas. Temos contados máis de 100 músicos entre cantareiras, gaiteiros, acordeonistas, percusionistas... e outros que porán o seu gran para que se disfrute da noite.

Esperamos vervos a tod@s na Praza de San Andrés a partir das 8.30 da tarde, hora na que a festa será anunciada con unha tirada de foguetes. E partir desde momento xa non teremos tregua até ben avanzada a noite. Aquí vos deixamos toda a información que vos pode ser necesaria.




Comentarios