Ir al contenido principal

O CALENDARIO DE ACTIVIDADES...

Para que vaiades tomando nota, xa temos algunhas datas das actividades que desenvolveremos durante este curso 2008/09. Poden sufrir por suposto algunha modificación De tal xeito que quedarán do seguinte xeito:

* III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir - Sábado 20 de Decembro de 2008, no Pabellón polideportivo de O Picouto, contaremos con grupos de A Coruña, Pontevedra, Ourense e Portugal.
* Exposición de Fotografías Antigas do Concello de Ramirás e Comarca- Desde o 3 o 24 de Xaneiro de 2009, no Centro Multiusos de O Picouto.
* III Noite de Fiadeiro - Sábado 25 de Abril de 2009, na Praza de San Andrés con actividades durante toda a xornada.
* Xornada de Peche do curso 2008/09 - Sábado 27 de Xuño de 2009, no Centro Multiusos de O Picouto.
* Durante o resto do ano xa sabedes que iremos organizando outro tipo de actividades como: Cursos, charlas, obradoiros, saídas, actuacións... etc.

Esperamos a vosa colaboración neste amplo programa porque senón non seria posible desenvolvelo.

Comentarios