24 ago. 2008

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

- RECORDADE QUE ESTA SEMANA REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN A CONCURSO -

PODENSE ENTREGAR AS FOTOGRAFÍAS EN SOBRE PECHADO NA CASA DO CONCELLO DE RAMIRÁS



A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “Iº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona.

Estará regulado polas seguintes

BASES :

1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes.

3. O concurso terá unha única categoría e doús premios especiais :

- Premiarase a Mellor Colección de Fotografías

- Premios especiais:
a. Mellor Fotografía
b. Fotografía máis antiga

4. Premios :

* Premios a Mellor colección de Fotografías
- 1º Premio: Cámara Dixital. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 2º Premio: Radio-CD. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

* Premio especial a Mellor Fotografía
- Radio-CD. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

* Premio especial a Fotografía máis antiga.
- Radio-CD. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.

6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.

7. As fotografías deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” na seguinte dirección:

Centro Sociocultural de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal – Ramirás (Ourense)

e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. En sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, Dirección, Teléfono ... etc e máis os datos referidos á fotografía segundo a ficha que acompaña estas bases.

8. A data límite de presentación dos traballos será o día 30 de Agosto de 2008.

9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, www.rebulir.blogspot.com , así como a data e lugar de entrega dos premios.

10. As fotografías participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.

11. Todas as fotografías poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.