Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ramiras

V FESTIVAL REBULIR, de baile e música tradicional

- preme enriba da imaxe para ampliar - Os vindeiros 18 e 19 de Decembro o Concello de Ramirás converterase nunha festa das culturas, co V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional. Para isto contamos cun programa cheo de actividades que tedes detallado nesta mesma páxina. Na parte de arriba tedes o cartaz artellado polo deseñador José Diz , ao cal lle queremos agradececer desde aquí a súa colaboración. Aquí vos deixamos os enlaces as páxinas web ou espazos dos diferentes grupos que nos visitarán, por se queredes ir abrindo boca. - Rebulir (Ramirás) - Airiños da Lagoa (Baiona) - Grupo folclórico de Pinheiros (Portugal) - Grupo folclórico maragato de Val de San Lorenzo (León) - Alma Llanera (Venezuela) - Gaztedi dantzari taldea (Euskadi) Desde este momento quedades todas e todos convidados a participar das actividades deste encontro multicultural. No caso de producirse algunha novidade ou cambio sería publicada neste blog ou no noso espazo de facebook.

V FESTIVAL REBULIR, - PROGRAMA de mán

- preme enriba da imaxe para ampliar -

IV NOITE DE FIADEIRO

- Para ampliar as imaxes pinchade sobre elas - Para chegar ata Vilavidal (Ramirás) tedes as seguites opcións: - Desde Ourense/Lugo : Coller a estrada OU-540 en direción a Celanova. Na entrada de Celanova desviarse a dereita (Estará indicado) e continuar pola estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. . - Desde Vigo/Pontevedra : Coller a Autoestrada A-52, saír no desvío de A Cañiza/Crecente (Saída 272). Seguir en direción Cortegada pola Estrada PO-406, que se une coa OU-133. Logo continuar en direción Celanova e seguir a estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. . - Desde Compostela/A Coruña : Coller a Autoestrada AP-53 e logo AG-53, sair no desvio Ourense Sur (Saída 224). Na rotonda da saída, incorporarse a Estrada OU-540 en direción Celanova. Na entrada de Celanova desviarse a dereita (Estará indicado) e continuar pola estrada OU-531, ata chegar a Vilavidal. .

AVALIACIÓN DO NADAL.

Xa rematada a programación de Nadal, agás a Exposición "Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" que estará exposta ata o Sábado día 9; agora toca facer avaliación. Creo desde Rebulir nos podemos sentir orgullosos de como resultaron todas as actividades con un gran número de participantes e unha visión máis que positiva desde a organización. . O IV Festival Rebulir foi felicitado e alagado por todos os grupos participantes sen excepción, e para mostra un botón do que din desde Asturias, pinchade aquí . Nós aproveitamos para agradecer de novo a súa presencia en Ramirás. . A Foliada, Exposición e Obradoiro de Bailes Agarrados Tradicionais tamén tiveron unha gran aceptación, o cal nós anima a seguir con este tipo de iniciativas. . E por último a recuperación dos cantos de reis e visita dos Magos de Oriente, foi moi ben valorada polos veciños de Ramirás que abriron as súas casas e os seus petos, para recibir esta manifestación tradicional que xa parecia esquecida. ....

IV FESTIVAL DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL REBULIR

Presentamos o cartaz que anuncia o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, no cal andamos xa traballando nos últimos preparativos. En vindeiras datas publicaremos o programa completo

PRESENTAMOS OS GRUPOS DO IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR

Estes que presentamos na imaxe son os grupos que este ano conforman o programa do IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará nos días 19 e 20 de Decembro. En vindeiras datas presentaremos o Cartaz oficial, programa e demais actividades programadas para as datas de Nadal

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA. PECHE DE PRAZO

Recordade que esta semana é a derradeira para poder entregar as Fotografías que queirades presentar ao II Concurso de Fotografía Antiga. Xeitos e lugares de entrega: - Lúns a Venres en horario de mañá no Concello de Ramirás - Sábado de 16:00 h a 18:00 h no local de Rebulir - E tamén por correo postal a: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional Praza de San Andrés, s/n. 32810. Vilavidal Ramirás - Ourense É importante que as fotografías veñan en sobre pechado con pseudónimo, e que cada unha delas veña acompañada da ficha correspondente. En caso contrario quedarán fora de concurso.

Actuación na Romaría das Portas Abertas

Na tarde do vindeiro Domingo 23, os gaiteiros de Rebulir teremos que acompañar a procesión das Portas Abertas no Concello de Ramirás, tras esta e a correspondente celebración relixiosa, animaremos un pouco o torreiro botándolle unhas pezas.

III NOITE DE FIADEIRO

AQUÍ VOS DEIXAMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A III NOITE DE FIADEIRO Para agrandalo pulsar sobre a imaxe. QUEDADES CONVIDADAS/OS A VIR CANTAR, BAILAR TOCAR OU SIMPLEMENTE A PASALO BEN E DISFRUTAR DO AMBIENTE! ESPERÁMOSVOS O SÁBADO!!

CAMIÑANDO CARA A III NOITE DE FIADEIRO...

Xa andamos argallando o que vai ser a III Noite de Fiadeiro, que como ben sabedes se celebra o derradeiro Sábado de Abril, este ano día 25. Estamos contactando con grupos que desexen colaborar . Se algún grupo de música tradicional ten interese en participar nesta edición, podedes enviarnos unha solicitude ao enderezo: rebulir@hotmail.com , que deberá incluir datos básicos (nome, contacto, número de compoñentes...etc). Tamén podedes enviar por correo postal a: Rebulir. Praza de San Andrés s/n. 32810. Vilavidal-Ramirás-Ourense. Ou mesmo chamando ao 639 90 80 05. Temos un cupo , polo que se escollerán os grupos colaboradores segundo a orde de chegada das súas solicitudes. A data límite para a recepción de solicitudes será o día 1 de Marzo, para conformar xa o cartaz definitivo durante ese mes. http://www.youtube.com/watch?v=IUb1BmYhwRk Aqui tedes un video da pasada edición.

III FESTIVAL BEMT REBULIR

Recordade que o vindeiro Sábado día 20, teremos o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir. - Hora acceso público: 18:45 h (Acceso gratuíto) - Hora de comezo: 19.00 h - Lugar: Polideportivo de O Picouto (Ramirás) - Participantes: Rebulir (Ramirás), Retrouso de Cela (Bueu-Pontevedra), Brisas do Quenllo (Tordoia-A Coruña), Etnográfico de Praia de Áncora ( V.Praia Áncora-Portugal) e Castro Floxo (Ourense) - Presenta: Xesús Álvarez - Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional - Patrocina: Concello de Ramirás. ESPERÁMOSVOS!

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

- RECORDADE QUE ESTA SEMANA REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN A CONCURSO - PODENSE ENTREGAR AS FOTOGRAFÍAS EN SOBRE PECHADO NA CASA DO CONCELLO DE RAMIRÁS A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “Iº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES : 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítr...

AVALIANDO O CURSO 2007/08

Tras a xornada do fin do curso do pasado sábado na que tan ben o pasaron os nenos e os maiores, damos peche a este curso 2007/08 cunha avalación xeral moi positiva en canto actividades e participación destacando as seguintes : - Actividades docentes regulares ( baile tradicional, canto tradicional, gaita galega e percusión ) - Actuacións e saídas - Festival de Nadal - Curso de Iniciación o baile e música tradicional para adultos - Obradoiro do Traxe Galego - II Noite de Fiadeiro - I Concurso de Fotografía Antiga - Obradoiro de Instrumentos Vexetais - Comida de Membros e Amigos de Rebulir Non queremos deixar de nomear a: - Membros, desde os mais pequechos os mais maiores - Nais e Pais - Concello de Ramirás - Medios de Comunicación - Grupos colaboradores ( Airiños d´Arnoia, Grupo de Gaitas de Paderne de Allariz, Grupo de Danza Lembranza Solpor, Coanhadeira, Vichelocrego, Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, Os Chichisos, MaÇaeda da Limia, Pandereteiras Debanadoira, Grupo de danza os ...

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

CURSO DE INICIACIÓN O BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

I CURSO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL PARA ADULTOS

ACHÉGASE O NADAL EN REBULIR

Comezamos a bosquexar as actividades deste nadal en Rebulir . Comezamos o sábado 22 co festival de Nadal no Picouto coa participación dos grupos : Rebulir escola de baile e música tradicional do Concello de Ramirás,Debanadoira grupo de pandereteiras ( Maceda ) , Grupo de gaiteiros MaÇaeda da Limia ( Maceda ), Grupo de Baile Chouteiros ( Maceda ) e a Escola provincial de danza - Castro Floxo ( Ourense ). Tras este pequeno festival impartiremos un curso de iniciación de baile e música tradicional para adultos durante 3 dias, no cal inda non están decididas as datas definitivas. Manteremosvos informados . Dias despois seremos nos os que visitaremos Maceda para participar no festival de nadal que alí están a organizar. Se queredes mais información sobre algunha das actividades podedes escribir o noso correo electrónico rebulir@hotmail.com. De todos xeitos informaremos máis polo miúdo segundo vaiamos concretando máis cousas.