Ir al contenido principal

AVALIACIÓN DO NADAL.

Xa rematada a programación de Nadal, agás a Exposición "Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" que estará exposta ata o Sábado día 9; agora toca facer avaliación. Creo desde Rebulir nos podemos sentir orgullosos de como resultaron todas as actividades con un gran número de participantes e unha visión máis que positiva desde a organización.
.
O IV Festival Rebulir foi felicitado e alagado por todos os grupos participantes sen excepción, e para mostra un botón do que din desde Asturias, pinchade aquí. Nós aproveitamos para agradecer de novo a súa presencia en Ramirás.
.
A Foliada, Exposición e Obradoiro de Bailes Agarrados Tradicionais tamén tiveron unha gran aceptación, o cal nós anima a seguir con este tipo de iniciativas.
.
E por último a recuperación dos cantos de reis e visita dos Magos de Oriente, foi moi ben valorada polos veciños de Ramirás que abriron as súas casas e os seus petos, para recibir esta manifestación tradicional que xa parecia esquecida.
.
Solo queda dicir GRAZAS! Grazas a todos os que traballaron na organización e funcionamento (Rebuldeir@s , Concello, Nais/Pais/Avós ... etc), grupos do Festival , A David Álvarez de Xalgarete polo Obradoiro, e sobretodo aos Veciños de Ramirás por partícipes destas actividades.
.
Agora teremos que comezar a pensar no que será a IV Noite de Fiadeiro en Abril, as próximas visitas ao Encontro Nacional de Folclore en Valladolid e ao Intercambio con Asturias... ademais de outra chea de actividades que virán. Non vale parar!

Comentarios