Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como grazas

SIMPLEMENTE GRAZAS!!!

Grazas a: - Tod@s @s rebuldeir@s por traballar toda a xornada (e meses previos) sen descanso! . - Colectivos musicais participantes: Linho do Cuco, Cantigas e Agarimos, Castro Floxo, Airiños d´Arnoia, Xestreu, Ediunra, Trisquel, Solpor, Os Chichisos, Atalúns, Cantareiras da Bola, Escola de Música Tradicional de Ourense, Os Estoupapozas, MaÇaeda da Limia, Debanadoira, Lecer, As Coruñas... . - Colectivos de animación: CPR Sagrado Corazón, Lúcete Lecer, Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, Alternativas Sociais OU... . - Persoas varias: Persoal do Concello de Ramirás, Pulpeiras, fogueteiros, taberneiros, vendedores... . - E os centos de persoas que viñestes a participar da festa. . Xuntos fixestes que fose unha xornada inesquecible, cun gran éxito a tódolos niveis (Asistencia, participación, troula...) . Quedades emprazad@s para a V Noite de Fiadeiro en 2011, coma sempre o derradeiro Sábado de Abril!! Ata outra!!

AVALIACIÓN DO NADAL.

Xa rematada a programación de Nadal, agás a Exposición "Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás" que estará exposta ata o Sábado día 9; agora toca facer avaliación. Creo desde Rebulir nos podemos sentir orgullosos de como resultaron todas as actividades con un gran número de participantes e unha visión máis que positiva desde a organización. . O IV Festival Rebulir foi felicitado e alagado por todos os grupos participantes sen excepción, e para mostra un botón do que din desde Asturias, pinchade aquí . Nós aproveitamos para agradecer de novo a súa presencia en Ramirás. . A Foliada, Exposición e Obradoiro de Bailes Agarrados Tradicionais tamén tiveron unha gran aceptación, o cal nós anima a seguir con este tipo de iniciativas. . E por último a recuperación dos cantos de reis e visita dos Magos de Oriente, foi moi ben valorada polos veciños de Ramirás que abriron as súas casas e os seus petos, para recibir esta manifestación tradicional que xa parecia esquecida. ....

MOITAS GRAZAS!

Aló se foi a III Noite de Fiadeiro, de novo podemos dicir que un éxito tanto en asistencia como en troula o cal debemosllo: Aos grupos que puxeron a música: Maghúa, Jalos d´antioquia, Solpor, Castro Floxo, Cantareiras da Bola, Brixel, Cantareiras Lecer, Atalúns, Chichisos, os amigos do serán de Boborás, Rebuldeiros/as (rapaces/as, pais, avós, familiares, amigos...)... A toda esa xente que traballou: taberneiras, pulpeira, fogueteiros, veciños de ramirás, monitores do centro de cultura xaquín lorenzo, traballadores e persoal do Concello de Ramirás, etc. Aos medios de comunicación e blogs que fixeron difusión desta festa: cadena ser-radio ourense, onda cero, radio galega, programa luar da tvg, a voz de galicia , la región, malmequer , mundourense.com , Ourensedixital , ghastaspista , frouma , gaiteiros galegos , canle papigil , rebordondo , maghúa , fotolog-folklore , agrupación O Castelo , Cantareirasblogspot ... E por suposto, moitas grazas, a todos os asistentes que vos animastes a ...

MOITAS GRAZAS

Grazas a todos/as vos ( Grupos convidados, asistentes, membros de Rebulir, pais e nais, Concello, axudantes... etc ) o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir foi un éxito. Por eso queremos agradecervos a vosa contribución a que todo saíse así de ben e que sigamos con ganas de seguir organizando actividades. Xa publicamos algunhas fotos deste festival, poderedes velas na parte de abaixo da páxina, non teñen moi boa calidade nin aparecen todos os grupos que actuaron, pero son as que de momento temos. Cando nos vaian enviado máis xa as publicaremos.

CHEGAMOS AS 2000 !!

Como vedes no contador xa chegamos as 2000 visitas!! Moitas grazas a todos por visitarnos. Agradeceriamos tamén que deixarades algún comentario no apartado correspondente, xa que todas as criticas positivas ou negativas son de utilidade para seguir mellorando este proxecto. Seguiremos informando. Unha aperta a todos os que nos estades apoiando.