18 nov. 2007

ACHÉGASE O NADAL EN REBULIR


Comezamos a bosquexar as actividades deste nadal en Rebulir .
Comezamos o sábado 22 co festival de Nadal no Picouto coa participación dos grupos : Rebulir escola de baile e música tradicional do Concello de Ramirás,Debanadoira grupo de pandereteiras ( Maceda ) , Grupo de gaiteiros MaÇaeda da Limia ( Maceda ), Grupo de Baile Chouteiros ( Maceda ) e a Escola provincial de danza - Castro Floxo ( Ourense ).
Tras este pequeno festival impartiremos un curso de iniciación de baile e música tradicional para adultos durante 3 dias, no cal inda non están decididas as datas definitivas. Manteremosvos informados .

Dias despois seremos nos os que visitaremos Maceda para participar no festival de nadal que alí están a organizar.

Se queredes mais información sobre algunha das actividades podedes escribir o noso correo electrónico rebulir@hotmail.com. De todos xeitos informaremos máis polo miúdo segundo vaiamos concretando máis cousas.

1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.