Tras a xornada do fin do curso do pasado sábado na que tan ben o pasaron os nenos e os maiores, damos peche a este curso 2007/08 cunha avalación xeral moi positiva en canto actividades e participación destacando as seguintes :
- Actividades docentes regulares ( baile tradicional, canto tradicional, gaita galega e percusión )
- Actuacións e saídas
- Festival de Nadal
- Curso de Iniciación o baile e música tradicional para adultos
- Obradoiro do Traxe Galego
- II Noite de Fiadeiro
- I Concurso de Fotografía Antiga
- Obradoiro de Instrumentos Vexetais
- Comida de Membros e Amigos de Rebulir
Non queremos deixar de nomear a:
- Membros, desde os mais pequechos os mais maiores
- Nais e Pais
- Concello de Ramirás
- Medios de Comunicación
- Grupos colaboradores ( Airiños d´Arnoia, Grupo de Gaitas de Paderne de Allariz, Grupo de Danza Lembranza Solpor, Coanhadeira, Vichelocrego, Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, Os Chichisos, MaÇaeda da Limia, Pandereteiras Debanadoira, Grupo de danza os Chouteiros, Pandereteiras Alicornia, AOFT Gomes Mouro... etc )
- E a esas persoas que tanto teñen traballado con nós ( Mar, Carolina, Manolo, Fiz, Martín, Susana ... ).
A todos moitas Grazas polo voso apoio a este proxecto chamado Rebulir, sen todos vós non sería posible ter feito todo esto. Esperamos seguir contando co voso apoio no vindeiro curso para o que xa andamos a bosquexar actividades.
UNHA APERTA
Pd: Xa están colgadas algunhas das fotos da xornada de fin de curso,podedes velas na parte de abaixo. Se tedes mais fotos dese día podedes envialas a conta de correo rebulir@hotmail.com.
Comentarios
Publicar un comentario