Ir al contenido principal

V FESTIVAL REBULIR, de baile e música tradicional

- preme enriba da imaxe para ampliar -
Os vindeiros 18 e 19 de Decembro o Concello de Ramirás converterase nunha festa das culturas, co V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional. Para isto contamos cun programa cheo de actividades que tedes detallado nesta mesma páxina.
Na parte de arriba tedes o cartaz artellado polo deseñador José Diz, ao cal lle queremos agradececer desde aquí a súa colaboración.
Aquí vos deixamos os enlaces as páxinas web ou espazos dos diferentes grupos que nos visitarán, por se queredes ir abrindo boca.
Desde este momento quedades todas e todos convidados a participar das actividades deste encontro multicultural. No caso de producirse algunha novidade ou cambio sería publicada neste blog ou no noso espazo de facebook.

Comentarios