Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como centro de cultura xaquin lorenzo

XXVII XORNADAS DE FOLCLORE

Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional. Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal. . Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo. - España (Segovia) - La Esteva - Portugal - Grupo Etnografico da Areosa - Polonia - Grupo Poloniny - Servia - Grupo Simionov Tucovic - República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka - Senegal - Ballet Jammu - Kenia - African Tumbas - Indonesia - Klub Peminatan - Cuba - Conjunto Artístico Maraguán - México - Compañia de Danza Tenochtitlan - Argentina - Instituto El Cimarrón - Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía . Desde Rebulir animámosvos a asistir a calquera d...

IMOS A ROMARÍA RAIGAME 2010

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nos, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ... http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related E se quered...

I XORNADA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Como vos comentabamos a semana pasada, o vindeiro Domingo 22 iremonos ata Monforte de Lemos en Lugo, convidados pola Asociación Cultural de Amigos da Pandeireta. Alí explicaremos as diferentes tipoloxías de traxes e usos, as pezas dos mesmos e os tecidos. Tamén faremos unha pequena mostra de traxes con xente que se cambiará para a ocasión, algúns deles cedidos polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Xocas, que quizais teña unha das mellores coleccións de traxes que existen en Galicia. Desde aquí o noso agradecemento aos organizadores polo convite e animalos a que sigan traballando por este camiño.

XXVI XORNADAS DE FOLCLORE

O lúns día 10 comezan en Ourense as XXVI Xornadas de Folclore, que este ano contarán no seu programa cos seguites grupos: - Portugal: Etnográfico da Areosa - Filipinas: Compañia de Danza Folklorico Filipino - Filipinas: Leyte Kalipayan Dance Troupe - China: Compañía de Canto y Danza Folklórica del Sudeste de Guizhou. - Taiwan: Taiwan Folk Music Ensemble - Índia: Shildagya - Romanía: Doina Timisului" - Arxentina: Gran Ballet Argentino - México: Ballet Folklórico de la Universidad de Colima - República de Daguestán: Grupo “Gergebil” - República de El-Mari (Rúsia): Conjunto Folklórico Mari El - Sudáfrica: Gauteng Provincial Troupe - Armenia: Nairi Percorrerán durante 10 días as principais vilas da Provincia de Ourense e mesmo se achegarán as veciñas de Monforte (Lugo) e Chaves (Portugal). Recomendámosvos que asistades porque é un espectáculo que realmente merece a pena, polo nivel dos grupos que veñen. Se queredes ter máis información do programa podedes consultalo en: http://www.mun...

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes Bases: 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova). 3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais : - Premiarase a Mellor Colección de Fotografías - P...

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova. Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional. O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final: http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12...

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

- RECORDADE QUE ESTA SEMANA REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN A CONCURSO - PODENSE ENTREGAR AS FOTOGRAFÍAS EN SOBRE PECHADO NA CASA DO CONCELLO DE RAMIRÁS A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “Iº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes BASES : 1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc. 2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítr...

XXV XORNADAS DE FOLCLORE - ANO 2008

Hoxe foron presentadas a XXV edición das xornadas de folclore que comezarán o vindeiro luns día 11 coa gala de apertura no Teatro Principal de Ourense, onde tras o acto de bandeiras, o grupo Castro Floxo daralle a benvida os grupos cun pequeno espectáculo. A partir desta data percorrerán 16 Concellos Ourensáns xunto con Monforte de Lemos e Chaves para dar peche o día 21 de Agosto. Este ano e con motivo do aniversario, virán moitos dos mellores grupos que pasaron desde o ano 1984 cando comezaron a súa andaina. Os grupos convidados son os seguintes : - Benín - "Ases do Benim Kanlin te te man du" - Bolivia - "Ballet Tradiciones Bolivianas" - Chile - "Ballet Folclorico de Chile" - Cuba - "Ballet Maraguán" - Rep. de Kalmikia - "Grupo Djangar" - Rep. de Komi - "Grupo Assia Kya" - México - "Compañía de Danza Folclórica Tenochtitlan" - Portugal - "Grupo Etnográfico de Areosa" - Serbia - "Ballet Simyonov"...