30 jun. 2009

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA


A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes

Bases:

1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova).
3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais :
- Premiarase a Mellor Colección de Fotografías

- Premios especiais:
a. Mellor Fotografía
b. Fotografía máis antiga

4. Premios :
Premios a Mellor colección de Fotografías



- 1º Premio: Cámara Dixital. + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 2º Premio: Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Mellor Fotografía
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma

Premio especial a Fotografía máis antiga.
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma


5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.

6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.
7. As fotografías deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” no seguinte enderezo:



Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Praza de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal – Ramirás (Ourense)

Ou ben ao Concello de Ramirás no seguinte enderezo:

Concello de Ramirás
O Picouto. s/n. 32810.
Ramirás - Ourense

e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. Noutro sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, Enderezo, Teléfono ... etc e máis os datos referidos á fotografía segundo a ficha que acompaña estas bases.



8. A data límite de presentación dos traballos será o día 31 de Agosto de 2009.



9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, http://www.rebulir.blogspot.com/ , así como a data e lugar de entrega dos premios.



10. As fotografías participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.



11. Todas as fotografías poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.