Ir al contenido principal

XXV XORNADAS DE FOLCLORE - ANO 2008

Hoxe foron presentadas a XXV edición das xornadas de folclore que comezarán o vindeiro luns día 11 coa gala de apertura no Teatro Principal de Ourense, onde tras o acto de bandeiras, o grupo Castro Floxo daralle a benvida os grupos cun pequeno espectáculo. A partir desta data percorrerán 16 Concellos Ourensáns xunto con Monforte de Lemos e Chaves para dar peche o día 21 de Agosto.

Este ano e con motivo do aniversario, virán moitos dos mellores grupos que pasaron desde o ano 1984 cando comezaron a súa andaina. Os grupos convidados son os seguintes :

- Benín - "Ases do Benim Kanlin te te man du"
- Bolivia - "Ballet Tradiciones Bolivianas"
- Chile - "Ballet Folclorico de Chile"
- Cuba - "Ballet Maraguán"
- Rep. de Kalmikia - "Grupo Djangar"
- Rep. de Komi - "Grupo Assia Kya"
- México - "Compañía de Danza Folclórica Tenochtitlan"
- Portugal - "Grupo Etnográfico de Areosa"
- Serbia - "Ballet Simyonov"
- Taiwan - "Yo Tzy Dance Troupe"
- Venezuela - "Grupo Enigma 92 e Musical Maisanta"
- Xeorxia - "National Ensamble Georgian Folklore"
- Senegal - "Ballet Kora"

Recordemos que as Xornadas de Folclore é un dos mellores festivais de folclore de España e de Europa pola súa Organización, duración e cantidade e calidade dos grupos participantes. Detrás de todo esto atópase a Deputación de Ourense mais concretamente o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo que traballan todo o ano para que esto se desenvolva ben.

Desde Rebulir convidamosvos a que asistades a calquera dos numerosos espectáculos que se desenvolverán durante eses 10 días porque realmente merecen a pena.

Comentarios