Ir al contenido principal

ACTUAMOS EN PRAIA DE ANCORA ( Portugal )

O Vindeiro día 11 de Xullo fumos convidados polo Etnográfico de Vila de Praia de Áncora a actuar como representación galega no festival Internacional que organizan. Nós asistiremos encantados, e ata alá nos desprazaremos o grupo de gaiteiros, o grupo de adultos e o grupo de medianos de rebulir, superando as 30 persoas no escenario.

O festival será as 22:00 h ( Hora portuguesa ) e actuaremos en 2º lugar, tras o grupo local. O autobús sairá as 18:00 h da Praza de San Andrés e a nosa chegada está prevista as 20:30 h. Tras a nosa chegada teremos a recepción oficial e cea, para logo facer un pasarrúas e a actuación.

Grazas o Etnográfico de Vila Praia de Áncora polo seu convite.

Comentarios