Ir al contenido principal

RESULTADOS I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA.


O xurado do “Iº Concurso de Fotografía Antiga convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido no Concello de Ramirás, o 16 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios:

* Premios á mellor colección:

Premio: á colección presentada por Uxía Vázquez Rodríguez, de Escudeiro, Ramirás.
Premio: á colección presentada por Rosa Fernández Pérez, de O Picouto, Ramirás.
Premio: á colección presentada por Sandra González Sousa, de Penosiños, Ramirás.

* Premio especial á mellor fotografía:

-Para a fotografía número 1 da colección presentada por Susana Durán González, de Celanova, cuxo autor é Rizo, datada no 1954 e tomada en Vilanova dos Infantes.

* Premio especial á fotografía máis antiga:

-Para a fotografía da colección de Estrella Suárez, de Ramirás, feita ao redor do ano 1910.

Así mesmo, o xurado decidiu premiar cun accesit a Rosa Rodríguez Montes, de Celanova.

A entrega de premios realizarase o vindeiro Sábado día 27 de Setembro as 18:00 h no Local da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, situado na Praza de San Andrés - Vilavidal - Ramirás. Os premios serán tal e como están estipulados nas bases do concurso, engadindo a maiores un accesit extraordinario.

Comentarios