Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como premios

PRESENTACIÓN CURSO E ENTREGA DE PREMIOS

O Vindeiro Sábado 25 de Setembro as 19:00 h no local de Rebulir terá lugar o acto de presentación do curso 2010/2011 onde se exporán o público asistente as diferentes actividades, horarios, profesorado... sendo a principal novidade deste ano a futura creación dun grupo de pandereteir@s conformado por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, que comezara a súa andadura polo mes de Decembro. . Este acto servirá tamén como foro para a entrega dos premios do III Concurso de Fotografía Antiga, no cal se recolleron este ano arredor de dous centenares de instantaneas. A relación de premiados será publicada ao longo da semana vixente neste blog. . Quedan convidados a asistir a este pistoletazo de saída cara un curso cheo de novos proxectos e retos por acadar. Para máis información poden chamar ao teléfono 639 908 005

GAÑADOR PANTALLA PLANA

O NÚMERO GAÑADOR DA PANTALLA PLANA É O 294 Poderá recollela nos vindeiros 20 días na Casa do Concello de Ramirás

RESULTADOS II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O xurado do “IIº Concurso de Fotografía Antiga” convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” , en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido, o 18 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios: Premio especial á mellor fotografía: - Para a fotografía número 30 da colección presentada por Ángela e Cristian González Amoeiro, de Ver (Ramirás), datada no 1909. Premio especial á fotografía máis antiga: - Este premio quedará deserto ao coincidir co premiado a mellor fotografía. Premios á mellor colección: -1º premio : á colección presentada por Laura Durán González, de Celanova. -2º premio: á colección presentada por Lucía Iglesias Pereira, de O Mosteiro, Ramirás. -3º premio: á colección presentada por Sandra González Sousa, de Penosiños, Ramirás. Así mesmo, o xurado decidiu premiar con accesits especiais a - Andrea Martínez Teixeira, de Tellado, Ramirás. - Lucia Teixeira Fe...

3º CONCURSO BLOGS 20minutos

O noso blog aspira o premio na sección de blogs de cultura do 3ª edición dos premios 20 Blogs que convoca 20minutos.es. A partir do Domingo que ven poderedes votarnos na seguinte páxina http://www.20minutos.es/premios_20_blogs/ .

RESULTADOS I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA.

O xurado do “Iº Concurso de Fotografía Antiga convocado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, reunido no Concello de Ramirás, o 16 de Setembro de 2008, decidiu outorgar os seguintes premios: * Premios á mellor colección: 1º Premio : á colección presentada por Uxía Vázquez Rodríguez , de Escudeiro, Ramirás. 2º Premio : á colección presentada por Rosa Fernández Pérez , de O Picouto, Ramirás. 3º Premio : á colección presentada por Sandra González Sousa , de Penosiños, Ramirás. * Premio especial á mellor fotografía: -Para a fotografía número 1 da colección presentada por Susana Durán González , de Celanova, cuxo autor é Rizo, datada no 1954 e tomada en Vilanova dos Infantes. * Premio especial á fotografía máis antiga: -Para a fotografía da colección de Estrella Suárez , de Ramirás, feita ao redor do ano 1910. Así mesmo, o xurado decidiu premiar...