Ir al contenido principal

PRESENTACIÓN CURSO E ENTREGA DE PREMIOS


O Vindeiro Sábado 25 de Setembro as 19:00 h no local de Rebulir terá lugar o acto de presentación do curso 2010/2011 onde se exporán o público asistente as diferentes actividades, horarios, profesorado... sendo a principal novidade deste ano a futura creación dun grupo de pandereteir@s conformado por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, que comezara a súa andadura polo mes de Decembro.
.
Este acto servirá tamén como foro para a entrega dos premios do III Concurso de Fotografía Antiga, no cal se recolleron este ano arredor de dous centenares de instantaneas. A relación de premiados será publicada ao longo da semana vixente neste blog.
.
Quedan convidados a asistir a este pistoletazo de saída cara un curso cheo de novos proxectos e retos por acadar. Para máis información poden chamar ao teléfono 639 908 005

Comentarios