Ir al contenido principal

COMEZASE A SABER DA II NOITE DE FIADEIRO

A II Noite de Fiadeiro comeza a ser xa un feito, comezamos a sair en prensa e páxinas, comezamos a recibir correos pedindo información, a xente chama para preguntar... Nótase que entramos na recta final cara o 26 de Abril e de momento temos moitas espectativas en canto a asistencia. Poñemos unha nova enquisa para que valoredes que aspecto/os desta nova edición da Noite de Fiadeiro vos gustan máis.

Durante o transcurso da vindeira semana presentaremos o Cartaz do evento, de momento deixamos os enlaces das páxinas onde comezan a interesarse por nós.

- La Región
- Frouma
- Malmequer
- Mundourense.com

Comentarios