Ir al contenido principal

ROMERIA ETNOGRÁFICA RAIGAME


Un ano máis e como todos os 17 de Maio celébrase a Romaria Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes ( Concello de Celanova ). A vila volta anos atrás para tranformarse por un día nunha Romería con Títeres, Xogos, Animación de Rúas,Regueifas, Cantos de Cego, Oficios e postos artesáns e por suposto moito baile e música tradicional por todas as prazas e rúas.

Nós faremos a nosa 1ª actuación as 11:30 da Maña na Praza de Tralacerca e a 2ª as 12:00 da Maña na Praza Maior. Compartiremos horario cos grupos do Colexio de Curros Enriquez ( Ourense ) e o grupo de baile do Concello de Paderne de Allariz. Despois das mesmas quedaremos pola vila todo o día para poder disfrutar da infinidade de actos.

Para ter máis información sobre os actos podedes descargar o programa desta edición pinchando no enlace que aparece a continuación ou na páxina web da romería:

- PROGRAMA RAIGAME 2008
- WWW.RAIGAME.ES

Comentarios