Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Romeria raigame

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

Hoxe, luns, día 23/06/2008 Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo...

ROMERIA ETNOGRÁFICA RAIGAME

Un ano máis e como todos os 17 de Maio celébrase a Romaria Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes ( Concello de Celanova ). A vila volta anos atrás para tranformarse por un día nunha Romería con Títeres, Xogos, Animación de Rúas,Regueifas, Cantos de Cego, Oficios e postos artesáns e por suposto moito baile e música tradicional por todas as prazas e rúas. Nós faremos a nosa 1ª actuación as 11:30 da Maña na Praza de Tralacerca e a 2ª as 12:00 da Maña na Praza Maior. Compartiremos horario cos grupos do Colexio de Curros Enriquez ( Ourense ) e o grupo de baile do Concello de Paderne de Allariz. Despois das mesmas quedaremos pola vila todo o día para poder disfrutar da infinidade de actos. Para ter máis información sobre os actos podedes descargar o programa desta edición pinchando no enlace que aparece a continuación ou na páxina web da romería: - PROGRAMA RAIGAME 2008 - WWW.RAIGAME.ES