Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como vilanova dos infantes

IMOS A ROMARÍA RAIGAME 2010

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facían os nosos devanceiros nas antigas Romarías. Nos, habituais da festa, non nola perderemos e teremos a nosa interveción (programada), as 12:30 e as 13:00 horas na Praza Tralacerca e Plaza Maior da Vila respectivamente. Para logo seguir animando cos nosos instrumentos e canticos varios outras prazas e tabernas durante toda a xornada. Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ... http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related E se quered...

VIII ROMARIA RAIGAME

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova. Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional. O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final: http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea: http://www.youtube.com/watch?v=S_iD07GDVjc Rebulir coma nos derradeiros anos, tamén participaremos na festa, toda a escola ao completo iremos a botarlle uns bailes e unhas pezas. O noso turno será as 12...

FOTOS DA ROMERIA RAIGAME

Boas Xente, xa publicamos algunhas das fotos que nos enviastes das actuacións e d troula da Romería Raigame de Vilanova dos Infantes. Podedes velas na parte de abaixo da páxina. Non vos teñen desperdicio. Unha aperta.

ROMERIA ETNOGRÁFICA RAIGAME

Un ano máis e como todos os 17 de Maio celébrase a Romaria Etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes ( Concello de Celanova ). A vila volta anos atrás para tranformarse por un día nunha Romería con Títeres, Xogos, Animación de Rúas,Regueifas, Cantos de Cego, Oficios e postos artesáns e por suposto moito baile e música tradicional por todas as prazas e rúas. Nós faremos a nosa 1ª actuación as 11:30 da Maña na Praza de Tralacerca e a 2ª as 12:00 da Maña na Praza Maior. Compartiremos horario cos grupos do Colexio de Curros Enriquez ( Ourense ) e o grupo de baile do Concello de Paderne de Allariz. Despois das mesmas quedaremos pola vila todo o día para poder disfrutar da infinidade de actos. Para ter máis información sobre os actos podedes descargar o programa desta edición pinchando no enlace que aparece a continuación ou na páxina web da romería: - PROGRAMA RAIGAME 2008 - WWW.RAIGAME.ES