Ir al contenido principal

ENSAIOS DE XUÑO

Boas , desta vez poñémonos en contacto con vos para dicirvos que neste mes de Xuño imos cambiar algo os horarios dos ensaios de Baile e Canto. Os horarios de Baile son os que tedes a continuación, os de Gaita e Percusión xa informarán os profesores dos cambios que se vaian producindo con antelación. Infórmovos que o día 21 de Xuño faremos a festa de fin de curso con algunhas actividades que tamén indicamos.

Sábado, 7 de Xuño.

- Pequenos : De 15:30 a 16:00 h
- Medianos : De 16:00 a 16:45 h
- Maiores : De 16:45 a 17:30 h

• Sábado, 14 de Xuño ( Pola mañá )

- Pequenos : De 10:30 a 11:00 h
- Medianos: De 11:00 a 11:45 h
- Maiores: De 11:45 a 12:30 h

• Sábado 21 de Xuño ( XORNADA DE FIN DE CURSO )

- Maña : OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS VEXETAIS. Virán os membros do grupo Os Chichisos de Pontevedra e fabricaremos con diferentes elementos naturais instrumentos tradicionais. Para a asistencia ai que apuntarse porque solo poden participar 20 persoas e teñen que ser maiores de 10 anos por ter que manexar algún tipo de instrumental. A inscripción custa 2 Euros.

- Mediodía:As 14:00 h Comida nos locais de Rebulir para os asistentes o obradoiro. A comida tamén se apuntará con antelación, custará 5 Euros.

- Tarde: As 17:00 h - Festa de Fin de Curso na Praza de San Andrés onde os rapaces e rapazas da escola rebulir actuarán para todos aqueles que queiran asistir dando peche o curso 2007-2008.

Comentarios