Ir al contenido principal

PECHA PRAZO DE MATRÍCULA

Recordade que este Sábado pecha o prazo de matrícula da EBMT Rebulir para este curso 2008/09. A día de hoxe están matriculadas máis de 50 rapaces/as, co cal aumentamos considerablemente o número do curso anterior.

As disciplinas impartidas son as seguintes: Baile Tradicional, Canto tradicional e pandeireta, Percusión e Gaita, e dun xeito transversal que se fai presente en todas as clases Etnografía Galega (Traxe, Danzas, Oficios, Xogos ...).

Para matricularse, basta con cubrir a Ficha que se facilita na escola, ou ben mandar por correo electrónico a rebulir@hotmail.com, os datos básicos do rapaz/a que se inscriba (nome, apelidos, teléfono, enderezo, enderezo electrónico, Data de nacemento... etc)

Comentarios