4 nov. 2008

Rebulir no I Encontro Intercultural de Celanova

A Mancomunidade de Terras de Celanova ven de convidar o Grupo Rebulir a actuar no I Encontro Intercultural, que se celebrará en Celanova o vindeiro Sábado día 8 de Novembro. Para esta actuación desprazarémonos ata o lugar un pequeno grupo de gaiteiros. A nosa actuación desenvolverase a partir das 19:00h , onde intentaremos animar a que os presentes se marquen uns bailes.

Podedes ampliar a nova coa publicada no diario La Región, pinchando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.