12 may. 2008

XA 4000 VISITAS

Como podedes ver no indicador de visitas acabamos de superar as 4000. Moitas Grazas os que por aquí vos pasades para consultar as novas de Rebulir e acontecementos achegados. Seguiremos publicando para que estedes informados/as da nosa andaina.

Xa sabedes que agora andamos argallando un Concurso de Fotografía antiga, do que brevemente vos daremos máis datos. Xa que contamos presentalo neste mes de Maio. Se queredes participar non tedes máis que comezar a recoller esas fotos antigas que todos temos por casa e ir bosquexando datos das mesmas.

Seguide atentos/as a esta páxina/blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.