Xa chegou a semana na que nos imos o grupo de gaiteiros e mais o grupo de medianos de Rebulir cara o festival internacional de Cacia-Aveiro.
Como sabedes o sábado sairemos as 9 da mañá con destino o pobo de Cacia-Aveiro onde nos recibirá o grupo local para ter unha comida conxunta con eles, e pasar o día de roteiro, e chegada a noite actuar no Festival Internacional Xuvenil de Cacia-Aveiro con outros 3 grupos.
Faremos noite alí para o día seguinte actuar na cidade de Aveiro en horario de mañá, onde comeremos co grupo local para despois realizar o noso regreso cara Ramirás.
( A imaxe que aparece arriba é a do cartaz do festival )
Aproveitamos esta actualización para comentar que en breves días será publicada a relación de premiados do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA nesta mesma web, así que permanecede atentos/as a mesma.
Comentarios
Publicar un comentario