Ir al contenido principal

A II NOITE DE FIADEIRO EN MARCHA

A un mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26.

Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite.

Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos:

- Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )

Patrocinándonos O Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. E sempre contamos coa axuda e apoio dos membros, nais/pais , amigos e colaboradores da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.

Esperamos vervos a tod@s o día 26 Bailando, Cantando, Tocando en definitiva Pasándoo ben. Xa vos avanzaremos mais detalles, porque ai que deixar algunha sorpresa no tinteiro.


Para vir desde Vigo:, pódese coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).

Para vir desde Ourense:, coller a OU-540 ata Celanova, e na entrada de Celanova desviarse no primeiro semáforo a dereita e seguir pola OU-531 ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).


As fotos son da pasada edición da Noite de Fiadeiro

Comentarios