Ir al contenido principal

MAGOSTO REBULIR

O Vindeiro Sábado día 8 en Rebulir tamén organizamos o Magosto. Por iniciativa do grupo de Maiores da Escola, argallamos unha festiña que como ben manda a tradición contará con fogata para asar a carne e mais as castañas, queimada, música tradicional e por suposto moita moita troula.

Comezaremos as 22:00 h prendendo a Fogata e a partir de aí e ata que o corpo aguante seguiremos coa festa.

Comentarios