
24 dic. 2010
22 dic. 2010
SORTEO CESTA PRODUTOS ELECTRÓNICOS
20 dic. 2010
GRACIÑAS!!!!
- Aos asistentes, en especial a amigos e familiares de Rebulir pola súa paciencia e colaboración inestimable.
- Aos grupo participantes, Gaztedi, grupo de Val de San Lorenzo, grupo de Pinheiros, Alma Llanera e Airiños da Lagoa pola súa calidade artística, pero sobretodo humana
- Para o persoal do Concello de Ramirás, pola súa adicación e traballo.
- Para José Diz polo cartaz, para Eduardo polas iluminación, para Marcos Pérez polo son, para Santiago Sotelino polas fotografías, para Pachi Varanda polo vídeo, para María do centro sociocultural de O Picouto
- Para os patrocinadores, O Concello de Ramirás e Caixanova
- Para os colaboradores, Televisión de Galicia, Concello de Celanova e Onde Queiras
- Para os medios de comunicación pola súa difusión. Televisión de Galicia (programa Luar e Vaia troula), Cadena Ser-Ourense, Radio Galega, Folk in trio de Cuak FM, La Región, La Voz de Galicia, Malmequer, Frouma, AGG, Folque, Ghastaspista, turismo galicia, esourense.com, mundourense.com, tempo de lecer, Turismo de Ourense, fiestas gallegas, páxinas galegas, ocio24horas, lecturas.org, xuventude xunta de Galicia... entre outros como Facebook, twiter ou tuenti.
- E sobretodo para os compañeiros e compañeiras de Rebulir polo seu traballo a esgalla durante estas xornadas e as previas, o resultado foi froito dun proceso de implicación por parte de todos moi grande.
(esperemos que non se nos esqueza ninguén)
Sen vós, sería imposible lograr o obxectivo de seguir crecendo ano a ano!!! unha vez máis ...
5 dic. 2010
V FESTIVAL REBULIR, de baile e música tradicional
20 nov. 2010
RIFAS A VENDA
Por tan só 1 Euro podes mercar a túa e así colaborar a financiar as actividades que facemos desde a asociación.
AVISO: Na semana próxima presentaremos o cartaz do V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional.
8 nov. 2010
REBULIR PARTICIPA NO OUTONO FOTOGRÁFICO

Rebulir colaborará co Outono Fotográfico que organiza a Casa da Xuventude de Ourense, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2010. Desde o día 16 de Novembro ao 11 de Decembro estará aberta ao público no Centro cívico da rúa Colón de Ourense a exposición "Unha ollada ao pasado. Fotografías antigas de Ramirás e comarca", que coordinará Sandra González Sousa.
Como ben sabedes esta exposición está composta dalgunhas das instantáneas recollidas nos concursos de fotografía antiga, convocados por esta entidade nos últimos anos.
Se queredes máis información sobre a exposición podedes visitar o seguinte enlace:
http://www.outonofotografico.com/2010/spip.php?article84&lang=gl
3 nov. 2010
REPORTAXE NO VIDA
18 oct. 2010
GRUPOS V FESTIVAL REBULIR B.M.T.
A dous meses da celebracion do V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional presentamos os grupos que nos visitarán nesta edición conformando o cartaz definitivo. Quedades emprazad@s o 18 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás) para disfrutar deste encontro multicultural.
5 oct. 2010
ACTIVIDADES CURSO 2010/2011

Tras presentar o pasado Sábado o horario das clases regulares de baile e música tradicional desta escola, correspondentes ao curso 2010-2011. Presentámosvos agora a programación de actividades culturais e de lecer para os vindeiros meses.
- 18 e 19 de Decembro - V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional. O cal este ano adquire maior nivel internacional coa presenza de grupos procedentes de Galicia, outras comunidades autónomas, e mesmo estranxeiros.
- 19 de Decembro - Foliada. Dentro da programación do V Festival Rebulir, aproveitaremos para facer unha sesión libre de música tradicional no bar "Onde Queiras" de Celanova, contando coa presenza dos grupos participantes do Festival.
- 26 de Decembro - Inauguración exposición "Voltando aos tempos de antes" fotografias antigas de Ramirás e comarca.
- Xaneiro - Xuño de 2011 - IV Concurso de Fotografía Antiga
- 5 e 6 de Xaneiro - Cantos de Reis. Recuperación desta manifestación tan tradicional polos diferentes pobos do Concello.
- 30 de Abril - V Noite de Fiadeiro. Festa que recrea a esencia dos antigos fiadeiros que se celebraban na comarca. Durante toda a Xornada organízanse múltiples actividades para crear no pobo de Vilavidal un ambiente lúdico que anime a participación.
- 25 de Xuño - Festa de Peche de Curso. Unha xornada con múltiples actividades de convivencia para membros, familiares e amigos de Rebulir.
Estas son as actividades que actualmente temos xa fixadas. Pero aínda temos na recámara algunhas por confirmar como Obradoiros, saídas, actuacións, charlas... etc, as cales iremos publicando no noso blog segundo as vaiamos confirmando.
Quedades desde agora convidad@s a pasalo ben con nós!
26 sept. 2010
HORARIOS CURSO 2010-2011
21 sept. 2010
PREMIADOS III CONCURSO FOTOGRAFÍA ANTIGA
PREMIO ESPECIAL A MELLOR FOTOGRAFÍA
-D. Benito Feijoo Fernández (Alcume "Serranchíns") de Mosteiro (Ramirás)
PREMIO ESPECIAL A FOTOGRAFÍA MÁIS ANTIGA
- D. Adrián e Dna. Ana Mª Rodríguez (Alcume "Os Trapalleiros") de A Arrifana (Ramirás)
PREMIOS A MELLOR COLECCIÓN
- 1º PREMIO. Dna. Purificación Feijoo Román (Alcume "Os Feijoo") de Mosteiro (Ramirás)
- 2º PREMIO. Dna. Concha Ferreira Vieiro ( Alcume "Nela" ) de Pambre (Ramirás)
- 3º PREMIO. Dna. Carmen Lorenzo Míguez (Alcume "As Canellas") de Vilanova de Penosiños (Ramirás)
- ACCESIT. D. José Rodríguez Martínez (Alcume "O Rezitos") de A Arrifana (Ramirás)
- ACCESIT. Dna. Susana Durán González (Alcume "Tacón" ) de Celanova
As decisións deste xurado serán inapelables. Os premios serán entregados o día 25 de Setembro de 2010 durante o acto organizado a tal fin na sede de Rebulir.
18 sept. 2010
PRESENTACIÓN CURSO E ENTREGA DE PREMIOS

14 sept. 2010
E AGORA ASTURIES...

.
7 sept. 2010
VOLTAMOS A CACIA-AVEIRO (PORTUGAL)

22 ago. 2010
III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografía Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que eran tradicionais na zona. Estará regulado polas seguintes
BASES:
1. Os interesados poderán participar a nivel individual ou como colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.
2. Admitiranse fotografías tanto en branco e negro coma en cor, realizadas con anterioridade a 1980 e que teñan algún tipo de relación co Concello de Ramirás e limítrofes (Comarca Terras de Celanova).
3. O concurso terá unha única categoría e dous premios especiais :
- Premiarase a Mellor Colección de Fotografías
- Premios especiais:
a. Mellor Fotografía
b. Fotografía máis antiga
4. Premios :
* Premios a Mellor colección de Fotografías
- 1º Premio: Cámara Dixital + lote libros fotografía C.C.P.X.L. Xocas + Diploma
- 2º Premio: Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P.X.L. Xocas + Diploma
- 3º Premio: Un lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
* Premio especial a Mellor Fotografía
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
* Premio especial a Fotografía máis antiga.
- Equipo de música + lote libros fotografía C.C.P. Xaquín Lorenzo + Diploma
5. A mesma persoa non poderá recibir máis de un premio, prevalecendo sempre o Premio xeral ante os especiais. Neste caso entregarase o premio especial a seguinte persoa ou colectivo seleccionado.
6. O xurado será nomeado pola Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” e as súas decisións serán inapelables.
7. As fotografías deberán ser remitidos á Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” no seguinte enderezo:
III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA
Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
Praza de San Andrés S/N.
CP: 32810. Vilavidal – Ramirás (Ourense)
Ou ben ao Concello de Ramirás no seguinte enderezo:
Concello de Ramirás
O Picouto. s/n. 32810.
Ramirás – Ourense
e serán entregadas nun sobre con pseudónimo. Noutro sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, Enderezo, Teléfono, etc. e máis os datos referidos á fotografía segundo a ficha que acompaña estas bases.
8. A data límite de presentación dos traballos será o día 31 de Agosto de 2010.
9. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través da páxina web da Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir”, http://www.rebulir.blogspot.com/ , así como a data e lugar de entrega dos premios.
10. As fotografías participantes no concurso poderán ser copiadas pola Organización, para realizar exposicións ou publicacións, facendo referencia en todo caso á súa procedencia.
11. Todas as fotografías poderán ser recollidas polos seus propietarios durante os dous meses posteriores á data de entrega dos premios, no Concello de Ramirás. Unha vez transcorrido ese tempo, os traballos pasarán a ser propiedade da Organización.
12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases.
4 ago. 2010
XXVII XORNADAS DE FOLCLORE

19 jul. 2010
PEQUENAS VACACIÓNS
- 11 e 12 - Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro
- 17, 18, 19 e 20 - Encontro cultural en LLangreu (Asturias)
Aínda así non estaremos parados de todo porque o III Concurso de Fotografía Antiga segue en vixencia ata o 30 de Agosto.
12 jul. 2010
IMONOS A PONTRAGA - TORDOIA

Será un pracer voltar por esas terras onde tan ben nos acolleron o pasado ano, e onde coñecimos xente tan festeira. Graciñas polo convite!!
5 jul. 2010
REBULIR NA REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

.
29 jun. 2010
I LUMEIRADA DO RÍO DEVA

14 jun. 2010
1 jun. 2010
VEN O VERÁN...
- Festa de Peche do Curso. Xuño. O Picouto (Ramirás)
- Romaría do San Paio. 27 de Xuño. Rubiás (Ramirás)
- I Lumeirada do Deva. 3 de Xullo. Concello de Pontedeva
- XI Romaria Galega. 17 de Xullo. Pontraga - Tordoia (A Coruña)
- VII Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro. 11 e 12 de Setembro. Portugal
- Encontro de Escolas de Música Tradicional. 17, 18, 19 e 20 de Setembro. Llangreu - Asturias
E algunhas outras que ainda están sen confirmar, que iremos pubicando segundo vaiamos pechando. E veña a seguir bulindo e rebulindo!
23 may. 2010
A BELA AURIA

- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/
Noraboa aos organizadores pola iniciativa, ben seguro que se vai convertir nunha cita de referencia. Nós poremos todo o posible da nosa parte.
18 may. 2010
PRÓXIMAS PARADAS...
9 may. 2010
IMOS A ROMARÍA RAIGAME 2010

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...
http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.romariaraigame.es/
5 may. 2010
3 may. 2010
VIDEOS E FOTOS NOITE DE FIADEIRO
- Ambiente
- Airiños d´Arnoia
- Escola de Música Tradicional de Ourense
- Castro Floxo 1
- Castro Floxo 2
- Xestreu
- Cantigas e Agarimos
- Linho do Cuco
- Linho do Cuco 2
Tamén tedes algunhas fotos subidas nos seguintes enlaces:
- Facebook de Rebulir
- Paxina de Alternativas Sociais OU
E en poucos dias subiremos tamén unha seleción ao apartado de fotos deste Blog.
28 abr. 2010
FIN DE SEMANA COMPLETO

E veña! De festa en festa, e seguimos porque nos presta!
26 abr. 2010
SIMPLEMENTE GRAZAS!!!
12 abr. 2010
IV NOITE DE FIADEIRO



31 mar. 2010
ENCONTRO NACIONAL DE FOLCLORE - VALLADOLID

9 mar. 2010
GRUPOS E COLABORACIÓNS DA IV NOITE DE FIADEIRO
- Linho do Cuco (Lalín / A Estrada)
- Cantigas e Agarimos (Compostela)
- Escola Provincial de Danza - Castro Floxo (Ourense)
- Os Chichisos (Pontevedra)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Xestreu (Seixalvo - Ourense)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Gaiteiros Trisquel (Xinzo da Limia)
- Pandereteiras Ediunra (Arnuide - Vilar de Barrio)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Escola de Música Tradicional de Ourense (Ourense)
- Pandereteiras Debanadoira (Maceda)
- MaÇaeda da Limia (Maceda)
- Lembranza-Solpor (Celanova)
- Os Estoupapozas (Ourense)
- CPR Sagrado Corazón (Celanova). Aportarán os Cabezudos a festa
- Alternativas Sociais OU (Ourense). Traerán o Futbol-Chapas
- Lúcete Lecer. (Ourense). Farán Animación de rúa.
Graciñas a tod@s polo interese mostrado.
3 mar. 2010
REBULIR NO ENCONTRO NACIONAL DE FOLCLORE E ACTUACIÓN EN ASTURIAS

Xa en Maio (7, 8 e 9) desprazaremonos ata Llangreu en Asturias para actuar no Auditorio Valle del Nalón. Alí desenvolveremos un pequeno espectáculo de 40 minutos dividido en dúas partes e actuando no intermedio a Escola de Música Tradicional de Llangreu.
27 feb. 2010
AVISO: SUSPENDEMOS ACTIVIDADES
22 feb. 2010
VENRESPIRAR 2010

Comezan de novo, os Venrespirar en Ourense!!!
Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro".
Realízanse en diferentes locales da cidade de Ourense e coinciden este ano, no último venres de cada mes (comezan as 22:30)
Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente tomándolle algo e disfrutando do ambiente
Quedades todos convidados a vir e participar
O 1º este venres 26 de febreiro
(últimos venres de cada mes)
Febreiro....... Grándola
Marzo......... Liceo
Abril........... Efémera (Neste Rebulir e máis os Jalos d´Antioquia poremos a troula)
Maio...........ollo ledo
Xuño...........efémera
1 feb. 2010
PIQUICO FARÁ O CARTAZ DA IV NOITE DE FIADEIRO
- O seu curriculum
- Pinturas sobre o Entroido
- Pinturas
Desde Rebulir queremos agradecerlle ao autor o seu interese polo proxecto. Esperamos con moitas ganas ver a súa obra que ben seguro nos sorprenderá gratamente.
26 ene. 2010
CARA A IV NOITE DE FIADEIRO
OFERTA DE GRUPOS.
Se algún grupo de música tradicional ten interese en vir a tocar/cantar a Ramirás, cubride os seguintes datos
* Nome do Grupo:
* Teléfono de Contacto:
* Enderezo:
* Correo Electrónico:
* Número de Compoñentes:
Estes podedes envialos ao noso correo electrónico rebulir@hotmail.com ou ben por enderezo postal a
A.C. Rebulir
Praza de San Andrés s/n. Vilavidal
32810. Ramirás - Ourense
A data límite para a oferta de grupos situámola o 5 de Marzo. Se tedes algunha dúbida o noso teléfono é 639 90 80 05 .
16 ene. 2010
HOMENAXE A UN GRANDE.

7 ene. 2010
AVALIACIÓN DO NADAL.
3 ene. 2010
VISITA REAL E CANTOS DE REIS
