Ir al contenido principal

IMONOS A PONTRAGA - TORDOIA

Outro ano máis voltamos a Romaría Galega que @s amig@s de Brisas do Quenllo organizan o 17 de Xullo na Pontraga (Tordoia - A Coruña). Compartiremos escenario con grupos ben coñecidos como son Retrouso de Cela (Bueu) ou a Escola Etnográfica de Cacia (Aveiro - Portugal). E xa a noite e coa barrigola chea estaremos dispostos a botar unhas bailas coas Bouba, Flor da Maquía, Os Estoupapozas e Muxarega.

Será un pracer voltar por esas terras onde tan ben nos acolleron o pasado ano, e onde coñecimos xente tan festeira. Graciñas polo convite!!

Comentarios