Ir al contenido principal

PRÓXIMAS PARADAS...

Tras o éxito da IX Romaría Raigame onde bailamos e tocamos solos e acompañados durante toda a xornada, seguimos a troulear por diferentes lugares...

A próxima data será o Domingo 23 as 17:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto, onde estaremos no acto de homenaxe a D. Manuel González Álvarez. Se queredes máis información do homenaxeado e do acto podedes facer click aquí.
.
E o día 30 deste mes, quedades emprazados para o que será a I Festa "A Bela Auria" que pretende ser unha recreación do que era a vida na cidade de Ourense de comezos do Século XX. Alí estaremos dinamizado os diferentes espazos coas nosas músicas e porque non algo de baile tamén.

Comentarios