Ir al contenido principal

GRACIÑAS!!!!

Despois do V Festival Rebulir celebrado esta pasada fin de semana solo podemos dicir unha cousa, que é GRAZAS!, o noso agradecemento para :

- Aos asistentes, en especial a amigos e familiares de Rebulir pola súa paciencia e colaboración inestimable.
- Aos grupo participantes, Gaztedi, grupo de Val de San Lorenzo, grupo de Pinheiros, Alma Llanera e Airiños da Lagoa pola súa calidade artística, pero sobretodo humana
- Para o persoal do Concello de Ramirás, pola súa adicación e traballo.
- Para José Diz polo cartaz, para Eduardo polas iluminación, para Marcos Pérez polo son, para Santiago Sotelino polas fotografías, para Pachi Varanda polo vídeo, para María do centro sociocultural de O Picouto
- Para os patrocinadores, O Concello de Ramirás e Caixanova
- Para os colaboradores, Televisión de Galicia, Concello de Celanova e Onde Queiras
- Para os medios de comunicación pola súa difusión. Televisión de Galicia (programa Luar e Vaia troula), Cadena Ser-Ourense, Radio Galega, Folk in trio de Cuak FM, La Región, La Voz de Galicia, Malmequer, Frouma, AGG, Folque, Ghastaspista, turismo galicia, esourense.com, mundourense.com, tempo de lecer, Turismo de Ourense, fiestas gallegas, páxinas galegas, ocio24horas, lecturas.org, xuventude xunta de Galicia... entre outros como Facebook, twiter ou tuenti.
- E sobretodo para os compañeiros e compañeiras de Rebulir polo seu traballo a esgalla durante estas xornadas e as previas, o resultado foi froito dun proceso de implicación por parte de todos moi grande.

(esperemos que non se nos esqueza ninguén)

Sen vós, sería imposible lograr o obxectivo de seguir crecendo ano a ano!!! unha vez máis ...


GRAZAS A TOD@S!!!!
PD: Xa podedes ver o vídeo do programa Vaia Troula gravado na mañá do Sábado na Praza de San Andrés, facendo click aquí

Comentarios