Ir al contenido principal

ACTIVIDADES CURSO 2010/2011


Tras presentar o pasado Sábado o horario das clases regulares de baile e música tradicional desta escola, correspondentes ao curso 2010-2011. Presentámosvos agora a programación de actividades culturais e de lecer para os vindeiros meses.

- 18 e 19 de Decembro - V Festival Rebulir de Baile e Música Tradicional. O cal este ano adquire maior nivel internacional coa presenza de grupos procedentes de Galicia, outras comunidades autónomas, e mesmo estranxeiros.

- 19 de Decembro - Foliada. Dentro da programación do V Festival Rebulir, aproveitaremos para facer unha sesión libre de música tradicional no bar "Onde Queiras" de Celanova, contando coa presenza dos grupos participantes do Festival.

- 26 de Decembro - Inauguración exposición "Voltando aos tempos de antes" fotografias antigas de Ramirás e comarca.

- Xaneiro - Xuño de 2011 - IV Concurso de Fotografía Antiga

- 5 e 6 de Xaneiro - Cantos de Reis. Recuperación desta manifestación tan tradicional polos diferentes pobos do Concello.

- 30 de Abril - V Noite de Fiadeiro. Festa que recrea a esencia dos antigos fiadeiros que se celebraban na comarca. Durante toda a Xornada organízanse múltiples actividades para crear no pobo de Vilavidal un ambiente lúdico que anime a participación.

- 25 de Xuño - Festa de Peche de Curso. Unha xornada con múltiples actividades de convivencia para membros, familiares e amigos de Rebulir.

Estas son as actividades que actualmente temos xa fixadas. Pero aínda temos na recámara algunhas por confirmar como Obradoiros, saídas, actuacións, charlas... etc, as cales iremos publicando no noso blog segundo as vaiamos confirmando.

Quedades desde agora convidad@s a pasalo ben con nós!


Comentarios