7 sept. 2010

VOLTAMOS A CACIA-AVEIRO (PORTUGAL)

Outro ano máis o noso grupo Irmao da Casa do Povo de Cacia (Aveiro - Portugal) convidounos a participar do seu VII Encontro Internacional de Folclore Infantil/Xuvenil, que se celebrará a vindeira fin de semana do 11 e 12 de Setembro.
.
Ata aló nos desprazaremos co grupo de medianos da nosa escola acompañados polos músicos e profesores. Así como unha boa comitiva de nais e pais que seguiran o espectáculo. Compartiremos esceario con grupos chegados de diferentes puntos de Portugal. Xa o Domingo participaremos do Evento POVOar LAÇOS onde portugueses e galegos intercambiaremos danzas, cantos e xogos. Logo regresaremos a Ramirás tras unha fin de semana intensa, pero sobretodo divertida para os nosos cativos.

2 comentarios:

  1. Sou membro da escola de etnografia e agradeço a colaboração, alegria e excelente espectaculo que sempre nos proporcionam.

    Adelaide Ambrósio

    ResponderEliminar
  2. Adelaide, muito obrigado pelos agradeçementos. Para nós sempre é um prazer ir a Cacia. Volveremos sempre que nos conviden. Saudaçoes.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.