Ir al contenido principal

REBULIR PARTICIPA NO OUTONO FOTOGRÁFICO



Rebulir colaborará co Outono Fotográfico que organiza a Casa da Xuventude de Ourense, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2010. Desde o día 16 de Novembro ao 11 de Decembro estará aberta ao público no Centro cívico da rúa Colón de Ourense a exposición "Unha ollada ao pasado. Fotografías antigas de Ramirás e comarca", que coordinará Sandra González Sousa.

Como ben sabedes esta exposición está composta dalgunhas das instantáneas recollidas nos concursos de fotografía antiga, convocados por esta entidade nos últimos anos.

Se queredes máis información sobre a exposición podedes visitar o seguinte enlace:

http://www.outonofotografico.com/2010/spip.php?article84&lang=gl

Comentarios