A Revista Galega de Educación adica o seu número 47 a Música Tradicional. A publicación editada por Nova Escola Galega, contou para este exemplar coa colaboración de persoas de recoñecido prestixio no ámbito como son: Guadi Galego, Luis Prego, Pablo Carpintero, Antón Castro, Xaneco Tobio, Baldomero Iglesias (Mero), Tiano Labraña, Paulo Nogueira, Magoia Bodega... entre outros moitos.
No apartado de Escola Rural, adicase un artigo a nosa escola que leva por título: "Rebulir", unha experiencia en Ramirás, e foi escrito por Alexandre. Nel faise referencia ao traballo pedagóxico, social e cultural que estamos a desenvolver.
No seguinte enlace podedes ver o sumario da Revista.
.
.
.
Desde aqui queremos agradecer a Nova Escola Galega por ter contado con nós para esta publicación.
Comentarios
Publicar un comentario