Ir al contenido principal

A BELA AURIA

Como vos diciamos dias atrás, o vindeiro 30 de Maio teremos o pracer de participar na I Edición de A Bela Auria, que se celebrará nos arredores do Xardín do Posío. Unha xornada para voltar ao Ourense de comezos do século XX. Ata alí iremos unha boa representación de rebuldeiros para animar coas nosas músicas e algo do noso baile, e como sempre armar festa!

Quedades convidad@s a vir a esta festa que tanto promete, se queredes ver o programa completo, podedes pinchar aqui, e para máis información podedes visitar as súas páxinas :

- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/

Noraboa aos organizadores pola iniciativa, ben seguro que se vai convertir nunha cita de referencia. Nós poremos todo o posible da nosa parte.

Comentarios