Para rematar as actuacións do Verán un broche de Ouro. Marchamos para a Asturias onde os amigos da Escola de Musica Tradicional de Llangreu e da Banda de Gaitas de Noreña nos teñen convidado a participar de diferentes actos como son a Festa de Degustación do Gochu, O Acompañamento oficial de autoridades, o desfile das festas patronais... sendo a nosa principal actuación o Luns pola tarde no dia principal de Noreña, compartindo escenario con grupos chegados de diferentes puntos de España.
.
.
A nosa estancia por terras astures prolongarase desde o vindeiro Venres 17 ata xa entrado o Martes 21 cando teremos a nosa viaxe de volta. Procuraremos representar ben a cultura galega, e para eso ademais das nosas cantigas e bailes, levaremos tamén productos tan tipicos da nosa terra como é a Queimada, viño ou Licor Café.
.
Tras esta visita o día 25 de Setembro faremos a presentación oficial do curso 2010/2011 e entregaremos os premios correspondentes ao III Concurso de Fotografía Antiga.
Comentarios
Publicar un comentario