26 ene. 2010

CARA A IV NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando a data. Como todos os anos polo derradeiro Sábado de Abril, este ano día 24, chega a Ramirás a Noite de Fiadeiro, que este ano chega a súa IV edición. Intentaremos ampliar o programa a toda a Xornada facendo fincapé no acto central que é a noitiña co maior número de participantes posibles.

OFERTA DE GRUPOS.
Se algún grupo de música tradicional ten interese en vir a tocar/cantar a Ramirás, cubride os seguintes datos

* Nome do Grupo:
* Teléfono de Contacto:
* Enderezo:
* Correo Electrónico:
* Número de Compoñentes:

Estes podedes envialos ao noso correo electrónico rebulir@hotmail.com ou ben por enderezo postal a
A.C. Rebulir
Praza de San Andrés s/n. Vilavidal
32810. Ramirás - Ourense

A data límite para a oferta de grupos situámola o 5 de Marzo. Se tedes algunha dúbida o noso teléfono é 639 90 80 05 .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.