Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

REIS MAGOS E CANTOS DE REIS EN RAMIRÁS 2017

As SS.MM. Os Reis Magos de Oriente confirmannos que virán un ano máis ata Ramirás para saudar a nenos e nenas, e aos demais veciños.  Será na tarde do 5 de Xaneiro cando cheguen nos seus vehículos oficiais e a súa comitiva. Pasarán primeiro polas diferentes aldeas, para facer parada na Residencia do Mosteiro. Logo, será cando fagan a súa chegada ao Centro Sociocultural do Picouto, onde serán recibidos polos nosos gaiteiros, e por todos os nenos e nenas do Concello. Logo, e como ven sendo habitual as nosas pandereteiras, pandereteiros, gaiteiros... e demais comitiva irán de casa en casa cantando os reis. Seguimos coa recuperación desta bonita tradición de nadal.

FELICES FESTAS

De parte de tod@s e cada un dos membros de Rebulir desexámosvos moi FELICES FESTAS !!!

RIFAS DE NADAL A VENDA

XA temos as nosas RIFAS de nadal a venda. Custan tan só 1 Euros, e con elas colaborades no financiamento das nosas actividades.  Este ano sorteamos: 1º - Coincidindo coas ultimas tres cifras primeiro premio da Loteria Nacional = 1 FIN DE SEMANA con tratamento Relax no BALNEARIO de Laias - Caldaria  2º - Coincidindo co segundo premio 1 CESTA de nadal 3º - Coincidindo co terceiro premio 1 lote de productos galegos  Podedes mercalas no noso local, no Centro Sociocultural do Picouto e tamén preguntandolle a calquera dos nosos membros.

XI FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR 2016

TODA A INFORMACIÓN EN www.festivalrebulir.info 

REBULIR NO I MAGOSTO POPULAR DE CELANOVA

O vindeiro Sábado día 18 o noso grupo de Música Tradicional estará dinamizando o I Magosto popular que se celebrará na Rúa Emilia Pardo Bazán de Celanova, organizado polos diferentes establecementos hosteleiros da rúa. Graciñas a organización por contar connosco.

REBULIR EN LUAR

Este venres día 4 de Novembro volvemos a LUAR  . De novo o noso grupo oficial de baile tradicional, co acompañamento da charanga de música tradicional, participará neste programa da Televisión de Galicia interpretando a Muiñeira de Cervantes de Ancares. Gardamos algunha sorpresiña para que vexades na pantalla. Imos ir ben guap@s.

PREMIOS REBULIR 2016

O Xurado do Premio Rebulir na súa V edición decidiu outorgar ao grupo LEILÍA e a MARCOS PEREIRO E XOSÉ A. TOURIÑÁN os galardóns desta edición 2016. LEILIA leva proxectado a cultura galega dentro e fora das nosas fronteiras, atendendo sempre a rigurosidade e fidelidade coa tradición, pero sen perder de vista a innovación nos seus traballos. LEILIA é un grupo consolidado e que se veu convertindo nun referente no eido, isto xunto cos motivos alegados anteriormente fan destas mulleres dignas receptoras deste galardón na súa V Edición recoñecendo así a súa traxectoria no eido da música tradicional. Tamén, se  decidiu outorgar o seu recoñecemento a MARCOS PEREIRO e XOSÉ A. TOURIÑÁN, no eido do patrimonio oral, polo mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego.  O Premio Rebulir de Cultura Galega, nacía no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas sú...

MATRICULA PECHADA

Estimad@s amig@s. En primeiro lugar é unha honra para nós dar a benvida aos novos socios e socias da asociación que se veñen incorporando neste mes. Deste xeito, queremos comunicar que dada a capacidade da asociación tanto a nivel de espazos, de tempos e de persoal docente non podemos admitir novas solicitudes de alumnado nas disciplinas de baile tradicional (grupos B, A e oficial) e nas de Canto e Pandeireta para o presente curso 2016/2017. Seguirán abertas ata final do presente mes de Outubro as matrículas nas actividades de Gaita e Percusión, e no grupo infantil de Baile Tradicional.  Se algunha persoa ten interese en inscribirse crearase unha lista de agarda para poder acceder as diferentes actividades, e iranse cubrindo as prazas que quedasen vacantes. Reiterar o agradecemento e interese por pertencer a Rebulir. 

HORARIOS CURSO 2016-2017

CURSO 2016-2017 en REBULIR.

Un novo curso está próximo a comezar en Rebulir Cultura Tradicional . E xa van 11 anos desde que comezamos a nosa andaina, pero voltamos coas mesmas ganas e enerxía de sempre, e se cabe, con máis ilusión por poñer en marcha novos proxectos!   O vindeiro Venres día 30 de Setembro teremos a presentación de horarios, profesores, actividades... etc. E tamén teremos a Asamblea Anual de socios onde se fará balance do curso pasado.   Vémonos! Esperamosvos para un novo curso!    

FIN DE SEMANA COMPLETIÑO

Para o vindeiro Domingo día 24 o noso grupo de música tradicional ten unha axenda completiña.  Empezaremos pola mañá nas festas de San Cristovo en Ribadavia. Alí faremos un pasarrúas desde as 10:30 h. para animar aos veciños e veciñas.  E pola noitiña desplazarémonos a Allariz para tocar nos festexos que organiza o Concello desta vila ourensá con motivo do día de Galicia. As 12 da noite tocaremos o himno galego e posteriormente tocará a Banda da Balbina.  Grazas a comisión de festas de San Cristovo e ao Concello de Allariz por contar connosco nas súas celebracións. 

Esta semana toca Pontedeva e o San Adrián na Arrifana

Este mes de Xullo ven moi intenso. Con especial énfase no noso grupo de música tradicional que ten a axenda cargadiña de compromisos.  Esta fin de semana participaremos unha vez máis no Festival Xirondiña de Baile e Música Tradicional, que xa vai pola súa cuarta edición. Este terá lugar na área recreativa da Ponte, en Freáns o Sábado 9 as 20 h. O festival enmárcase na celebración da Lumeirada do Río Deva, onde este ano haberá tamén concertos dos grupos Carapaus e A Roda.   Os nosos músicos farán dobrete de fin de semana, e o Domingo pola mañá estarán no San Adrián da Arrifana (Ramirás) para acompañar a procesión do Santo. 

ROMARIA REBULDEIRA - PECHE DE CURSO

Temos que dar peche ao CURSO de ACTIVIDADES como ben se merece, e pra iso argallamos a ROMARIA REBULDEIRA, que servirá de encontro para socios, membros e simpatizantes da nosa asociación nun entorno inmellorable e cunha programación lúdica para a xornada do 3 de Xullo.

EMPEZAMOS A TEMPADA DE VERÁN NO SAN ANTONIO DO VISO

Aos diferentes grupos da nosa escola aventúraselle un verán cheo de datas na nosa axenda de actuacións. Neste meses de calor chegaremos a múltiples concellos da nosa provincia, asi como a outros en provincias limítrofes, e non podemos esquecer a nosa participación no Festival Internacional de Sarvar (Hungría) e noutros ainda pendentes de confirmar no veciño Portugal.   Empezamos xogando na casa, o día 18 na festa do San Antonio do Viso, en Ramirás, onde músicos e pandereteiras porán a nota tradicional a un amplo programa de actividades. Grazas a comisión de festas por contar un ano máis con nós.   Para máis información sobre vindeiras datas podedes consultar a nosa sección de AXENDA

SORTEO AGASALLOS NOITE DE FIADEIRO - NÚMEROS PREMIADOS

Os numeros PREMIADOS nos SORTEOS da NOITE DE FIADEIRO son: - 1ª CESTA GRANDE = 192 - 2ª CESTA GRANDE = 1999 - 1ª Cesta Pequena = 1727 - 2ª Cesta Pequena = 363 - Pandeiro (As trapalladas da Xiana) = 248 - Garrafón pintado (As trapalladas da Xiana) = 1102 - Muñeca (As trapalladas da Xiana) = 1228 - Lote de licores Peninsular (1) = 226 - Lote de licores Peninsular (2) = 557 - Lote Licores Dazucena =97 - Lote Licores Dazucena = 937 Podedes contactar connosco no prazo de 30 días (ata o 28 de Xuño) para recoller o voso agasallo. Teléfono 639908005 ou no email rebulir@hotmail.com. 

X NOITE DE FIADEIRO - 28 de Maio

Xa está en marcha a Décima edición da Noite de Fiadeiro. Podedes acceder a toda a información na páxina que temos habilitada a tal efecto: www.noitedefiadeiro.com 

Fin de semana completiña- AÑA URBANA E FEIRA EN CASTRELO

A pasada fin de semana tivemos unha completiña axenda. O Sábado 23 estivemos a participar na Aña Urbana de Pontevedra. Ata aló foi o noso grupo oficial de pandereteiras e algúns bailadores.  E o Domingo o noso grupo de música tradicional estivo animando a Feira de Castrelo de Miño.

Participamos no XII CONCURSO de Baile tradicional TEQUEXETÉLDERE

O grupo A e oficial da AC Rebulir participará o vindeiro Domingo día 17 de Abril no prestixioso concurso de baile tradicional Tequexetéldere. Dito concurso ten lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada (Pontevedra).  Concursaremos nas categorias C (13 a 16 anos) e D (maiores de 16 anos), que se celebran en horario de mañá e de tarde respectivamente. Ben seguro será unha boa experiencia onde poder coñecer a outras persoas e onde poder aprender doutros grupos. Esa é para nós a esencia deste tipo de eventos. 

Participamos nos "Cantos de Chigre" en Noreña (Asturias)

Esta fin de semana o noso grupo de música tradicional participará nos cantos de chigre no marco do certame "Prohibido cantar desentonau" que organizan os amigos da AFM Villa y Condau de Noreña (Asturias). Do que se trata neste certame é de recuperar os cantos de taberna tal e como antigamente se facían nesta zona asturiana.  A expedición ramirense sairá o Sábado día 2 cara Noreña, día no que se celebrará o encontro. En dito certame participarán 8 rondas, sendo Rebulir a única de fora de Asturias. Tamén estarán presentes no mesmo os artistas Héctor Braga e Anabel Santiago, coñecidos pola súa ampla traxectoria no eido da música tradicional asturiana. O Domingo día 3, teremos un encontro entre os grupos de Noreña e nós, para seguir unindo lazos como ata o de agora se ten feito, e posteriormente tomaremos camiño de volta a terras ourensás. 

Imos ao VENRESPIRAR en OURENSE

Este venres 18 de Marzo o noso grupo oficial de Pandereteiras estarán no Venrespirar de Ourense que desta vez terá lugar no Campus Universitario de Ourense. Desde Rebulir agradecer a Algaravia e AOFT Gomes Mouro que un ano máis conten connosco.  Quedaron de vir, han vir quedaron de vir, han vir elas deron a palabra e elas hana de cumprir. Saíde a bailar mociños, saíde a bailar agora, saíde a bailar mociños, que a foliada vai boa. Xirazga, Beariz

Sábado 26 estaremos no AQUI GALICIA e colaborando con COANHADEIRA

Este Sábado 26 Rebulir ten unha axenda completiña. Empezaremos as 16:30 h. actuando no programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia, que se emitirá en directo desde a Praza Maior de Celanova. Actuarán o noso Grupo B coa Muiñeira de Mondariz, e o Grupo Oficial coa Xota de Rodeiro de Avión.   Unha vez rematado o programa unha representación do grupo Oficial irá cara o Auditorio Ilduara de Celanova para facer unha colaboración co grupo Folk Coanhadeira , que dará un concerto a partir das 20:00 h. A este grupo ourensán pertencen Kinhos Saburido Marcos Pérez e Chechu Perez , os cales ademais de mestres, foron cofundadores desta asociación fai xa 10 anos.

Volven os VENRESPIRAR na súa edición 2016

Rebulir Cultura Tradicional colabora e apoia un ano máis os Venrespirar, que organizan os amigos de Algaravía e a AOFT Gomes Mouro. Estas foliadas itinerantes volven a capital das Burgas unha vez ao mes a partir do vindeiro 26 de Febreiro.   O noso turno será no mes de Marzo na zona universitaria. Alí as nosas pandereteiras estarán animando aos bailadores a que saian ao torreiro ao son das súas latas, pandeiretas, pandeiras, pandeiros, cunchas, piñas... etc...

Nova edición da NOITE DE FIADEIRO

Ide apuntando nas vosas axendas que o 28 de Maio celebraremos en Vilavidal a Décima edición da Noite de Fiadeiro. Tentaremos elaborar un programa acorde coa ocasión e onde, por suposto, non  falte a música e o baile.