Ir al contenido principal

REIS MAGOS E CANTOS DE REIS EN RAMIRÁS 2017

As SS.MM. Os Reis Magos de Oriente confirmannos que virán un ano máis ata Ramirás para saudar a nenos e nenas, e aos demais veciños. 

Será na tarde do 5 de Xaneiro cando cheguen nos seus vehículos oficiais e a súa comitiva. Pasarán primeiro polas diferentes aldeas, para facer parada na Residencia do Mosteiro. Logo, será cando fagan a súa chegada ao Centro Sociocultural do Picouto, onde serán recibidos polos nosos gaiteiros, e por todos os nenos e nenas do Concello.

Logo, e como ven sendo habitual as nosas pandereteiras, pandereteiros, gaiteiros... e demais comitiva irán de casa en casa cantando os reis. Seguimos coa recuperación desta bonita tradición de nadal.

Comentarios