5 jul. 2016

Esta semana toca Pontedeva e o San Adrián na Arrifana

Este mes de Xullo ven moi intenso. Con especial énfase no noso grupo de música tradicional que ten a axenda cargadiña de compromisos. 
Esta fin de semana participaremos unha vez máis no Festival Xirondiña de Baile e Música Tradicional, que xa vai pola súa cuarta edición. Este terá lugar na área recreativa da Ponte, en Freáns o Sábado 9 as 20 h. O festival enmárcase na celebración da Lumeirada do Río Deva, onde este ano haberá tamén concertos dos grupos Carapaus e A Roda.  
Os nosos músicos farán dobrete de fin de semana, e o Domingo pola mañá estarán no San Adrián da Arrifana (Ramirás) para acompañar a procesión do Santo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.