29 mar. 2016

Participamos nos "Cantos de Chigre" en Noreña (Asturias)

Esta fin de semana o noso grupo de música tradicional participará nos cantos de chigre no marco do certame "Prohibido cantar desentonau" que organizan os amigos da AFM Villa y Condau de Noreña (Asturias). Do que se trata neste certame é de recuperar os cantos de taberna tal e como antigamente se facían nesta zona asturiana. 

A expedición ramirense sairá o Sábado día 2 cara Noreña, día no que se celebrará o encontro. En dito certame participarán 8 rondas, sendo Rebulir a única de fora de Asturias. Tamén estarán presentes no mesmo os artistas Héctor Braga e Anabel Santiago, coñecidos pola súa ampla traxectoria no eido da música tradicional asturiana. O Domingo día 3, teremos un encontro entre os grupos de Noreña e nós, para seguir unindo lazos como ata o de agora se ten feito, e posteriormente tomaremos camiño de volta a terras ourensás. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.