17 oct. 2016

MATRICULA PECHADA

Estimad@s amig@s. En primeiro lugar é unha honra para nós dar a benvida aos novos socios e socias da asociación que se veñen incorporando neste mes. Deste xeito, queremos comunicar que dada a capacidade da asociación tanto a nivel de espazos, de tempos e de persoal docente non podemos admitir novas solicitudes de alumnado nas disciplinas de baile tradicional (grupos B, A e oficial) e nas de Canto e Pandeireta para o presente curso 2016/2017. Seguirán abertas ata final do presente mes de Outubro as matrículas nas actividades de Gaita e Percusión, e no grupo infantil de Baile Tradicional. 
Se algunha persoa ten interese en inscribirse crearase unha lista de agarda para poder acceder as diferentes actividades, e iranse cubrindo as prazas que quedasen vacantes.
Reiterar o agradecemento e interese por pertencer a Rebulir. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.