6 jun. 2016

EMPEZAMOS A TEMPADA DE VERÁN NO SAN ANTONIO DO VISO

Aos diferentes grupos da nosa escola aventúraselle un verán cheo de datas na nosa axenda de actuacións. Neste meses de calor chegaremos a múltiples concellos da nosa provincia, asi como a outros en provincias limítrofes, e non podemos esquecer a nosa participación no Festival Internacional de Sarvar (Hungría) e noutros ainda pendentes de confirmar no veciño Portugal.
 
Empezamos xogando na casa, o día 18 na festa do San Antonio do Viso, en Ramirás, onde músicos e pandereteiras porán a nota tradicional a un amplo programa de actividades. Grazas a comisión de festas por contar un ano máis con nós.
 
Para máis información sobre vindeiras datas podedes consultar a nosa sección de AXENDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.