12 abr. 2016

Participamos no XII CONCURSO de Baile tradicional TEQUEXETÉLDERE

O grupo A e oficial da AC Rebulir participará o vindeiro Domingo día 17 de Abril no prestixioso concurso de baile tradicional Tequexetéldere. Dito concurso ten lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada (Pontevedra). 

Concursaremos nas categorias C (13 a 16 anos) e D (maiores de 16 anos), que se celebran en horario de mañá e de tarde respectivamente. Ben seguro será unha boa experiencia onde poder coñecer a outras persoas e onde poder aprender doutros grupos. Esa é para nós a esencia deste tipo de eventos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.