Ir al contenido principal

Sábado 26 estaremos no AQUI GALICIA e colaborando con COANHADEIRA

Este Sábado 26 Rebulir ten unha axenda completiña. Empezaremos as 16:30 h. actuando no programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia, que se emitirá en directo desde a Praza Maior de Celanova. Actuarán o noso Grupo B coa Muiñeira de Mondariz, e o Grupo Oficial coa Xota de Rodeiro de Avión.
 
Unha vez rematado o programa unha representación do grupo Oficial irá cara o Auditorio Ilduara de Celanova para facer unha colaboración co grupo Folk Coanhadeira, que dará un concerto a partir das 20:00 h. A este grupo ourensán pertencen Kinhos Saburido Marcos Pérez e Chechu Perez , os cales ademais de mestres, foron cofundadores desta asociación fai xa 10 anos.

Comentarios